2 Samuel 10
10
Guerra cos amonitas
1Despois diso morreu o rei dos amonitas e sucedeulle no trono o seu fillo Hanún. 2David pensou entón: —"Voulle mostrar á Hanún, fillo de Nahax, a bondade que o seu pai mostrou comigo". E mandou David algúns serventes, que lle desen o pésame pola perda do seu pai.
Cando os serventes de David chegaron á terra dos amonitas, 3os príncipes de Amón dixéronlle ó seu amo Hanún: —"Pensas que o rei David che mandou consoladores, para que vexas que quere honrar a memoria do teu pai? Non che mandaría, máis ben, os seus serventes para exploraren e para saberen da cidade e destruíla?" 4Hanún colleu entón ós mensaxeiros de David, afeitoulles a metade da barba, cortoulles as vestiduras ata as nádegas e despois despediunos.
5Comunicáronllo á David, que enviou xente ó seu encontro, porque aqueles homes volvían avergonzados. O rei mandou que lles dixesen: —"Quedade en Xericó e, cando vos medre a barba, volveredes".
6Cando viron os amonitas que se fixeran aborrecibles para David, decidiron adquirir soldados a soldo: vinte mil soldados de a pé, dos arameos de Bet Rehob e dos arameos de Sobah, vinte mil homes do rei de Macah e doce mil homes de Tob. 7Sóuboo David e mandou alá a Ioab co exército dos seus valentes. 8Os amonitas saíron e formaron para o combate á entrada da cidade, mentres os arameos de Sobah e de Rehob e a xente de Tob e de Macah quedaba á parte no campo.
9Decatouse Ioab de que tiña unha fronte de combate por diante e outra por detrás e entón colleu o mellor do exército de Israel e púxoo en liña de ataque, fronte ós arameos; 10e dispuxo o resto do exército para facer fronte ós amonitas, ás ordes do seu irmán Abixai, 11A quen advertiu: —"Se os arameos prevalecen contra min, ti virás axudarme; e se os amonitas prevalecen contra ti, irei eu axudarche. 12Se valente e esforcémonos polo noso pobo e polas cidades do noso Deus. E que sexa o que o Señor queira".
13Ioab entrou co seu exército en combate contra os arameos, que fuxiron diante del. 14Cando viron os amonitas que os arameos fuxían, fuxiron eles tamén de Abixai e metéronse na cidade. Ioab deu entón a volta da expedición contra os amonitas e regresou a Xerusalén.
15Cando os arameos se viron derrotados, reuníronse todos en contra de Israel. 16Hadadézer mandou saír os arameos da outra banda do río e chegaron a Helam, ó mando de Xobac, xeneral de Hadadézer. 17Dixéronllo a David, que, ó momento, reuniu os israelitas, atravesou o Xordán e chegou a Helam. Os arameos dispuxéronse para encontrarse con David e abriron o combate contra el.
18Aram fuxiu diante de Israel e David matoulle setecentos cabalos de carros e corenta mil xinetes; e feriu a Xobac, xeneral do exército, que morreu alí mesmo. 19Cando viron os reis vasalos de Hadadézer que este fora vencido polos israelitas, fixeron a paz con Israel e sometéronselle. Desde esa os arameos non se atreveron a seguir axudando ós amonitas.
Currently Selected:
2 Samuel 10: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT