YouVersion Logo
Search Icon

2 Reis 24

24
Invasión de Nabucodonosor
1Nos seus días subiu Nabucodonosor, rei de Babilonia, e Ioaquim quedou sometido por tres anos. Pero, ó cabo deles, revirouse.
2Entón mandou o Señor contra el bandas de caldeos e de arameos, de moabitas e de amonitas. Mandounas contra Xudá, para destruíla, conforme a palabra que dixera o Señor polos seus servos os profetas. 3Iso aconteceulle a Xudá certamente por orde do Señor. Quería desbotala da súa presenza, polos pecados que cometera Menaxés, 4e polo sangue inocente que vertera, ata encher del Xerusalén. Por iso o Señor non quixo perdoar.
5O resto da historia de Ioaquim e todos os seus feitos, non está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá? 6Ioaquim adormeceu con seus pais, e sucedeulle no trono o seu fillo Ioaquim. 7O rei de Exipto non volveu saír do seu país, porque o rei de Babilonia apoderárase de todos os territorios que eran do rei de Exipto, desde o torrente de Exipto ata o Éufrates.
Ioaquim de Xudá
8Ioaquim tiña dezaoito anos cando empezou a reinar. Reinou tres meses en Xerusalén. A súa nai chamábase Nehuxtá, filla de Elnatán, de Xerusalén. 9Fixo o mal ós ollos do Señor, como fixeran seus pais.
O primeiro desterro
10No seu tempo subiron os oficiais de Nabucodonosor, rei de Babilonia, contra Xerusalén e cercárona. 11Mentres os seus oficiais mantiñan o cerco, veu á cidade Nabucodonosor, rei de Babilonia.
12Entón Ioaquim, rei de Xudá, rendeuse o rei de Babilonia, xunto con súa nai, os seus oficiais, os seus xenerais e os seus servidores. O rei de Babilonia levouno prisioneiro. Era o oitavo ano do seu reinado.
13Nabucodonosor levou de alí tamén os tesouros do templo do Señor e os do pazo real, e destruíu os obxectos de ouro que fixera para o templo Salomón, rei de Israel, seguindo a orde do Señor.
14Nabucodonosor desterrou todo Xerusalén, os xefes, a xente toda de renome, dez mil desterrados: os ferreiros e os cerralleiros; non quedou máis cá xente pobre. 15Levou prisioneiro a Babilonia a Ioaquim, á nai do rei, ás súas mulleres, á súa servidume, ós grandes do país. Levounos a todos prisioneiros, de Xerusalén para Babilonia.
16Tamén levou á xente de renome, sete mil; os ferreiros e os cerralleiros, mil; os homes de valor, que servían para a guerra. Nabucodonosor levounos prisioneiros para Babilonia. 17O rei de Babilonia puxo por rei, no posto de Ioaquim, ó seu tío Matanías, cambiándolle o nome polo de Sedecías.
Sedecías en Xudá
18Sedecías tiña vinte e un anos cando empezou a reinar. Reinou once anos en Xerusalén. A súa nai chamábase Hamutal, filla de Xeremías, de Libnah.
19Sedecías fixo o mal ós ollos do Señor, o mesmo ca Ioaquim. 20O que lle aconteceu a Xerusalén e a Xudá, foi polo noxo do Señor, que acabou por botalos da súa presenza. Sedecías revirouse contra o rei de Babilonia.

Currently Selected:

2 Reis 24: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in