2 Crónicas 19
19
1Ioxafat de Xudá volveu san e salvo ó palacio de Xerusalén. 2Pero o vidente de Iehú, fillo de Hananí, saíulle ó encontro e díxolle:
—"Conque axudas ós malvados e alíaste cos inimigos do Señor? O Señor indignouse contigo por iso. 3Pero contas tamén con boas accións: queimaches as estelas deste país e serviches a Deus con constancia".
4Ioxafat estableceu a súa residencia en Xerusalén, pero volveu visitar o pobo, desde Beerxeba ata a terra de Efraím, e converténdoo ó Señor, Deus de seus pais. 5Estableceu xuíces en cada unha das fortalezas do territorio de Xudá e advertiulles:
6—"Coidado co que facedes, porque non xulgaredes con autoridade de homes, senón coa de Deus, que estará convosco cando pronunciedes sentencia. 7Polo tanto, temede ó Señor e procedede con coidado. Porque o Señor, o noso Deus, non admite inxustizas, favoritismos nin subornos".
8Tamén en Xerusalén designou algúns levitas, sacerdotes de cabezas de familia, para que se encargasen do dereito divino e dos preitos dos habitantes de Xerusalén. 9Deulles esta orde:
—"Actuade con temor de Deus, con honradez e integridade. 10Cando vosos irmáns que habitan nas cidades vos presenten un caso de asasinato, ou ben vos consulten sobre leis, preceptos, mandatos ou decretos, instruídeos para que non se fagan culpables ante o Señor e non se derrame a súa cólera sobre vós e vosos irmáns. Se actuades así estaredes libres de culpa. 11O sumo sacerdote Amarías presidirá as causas relixiosas, e Zebadías, fillo de Ismael, xefe da casa de Xudá, as civís. Os levitas estarán ó voso servizo. Animo, a traballar, e que o Señor estea cos homes de ben".
Currently Selected:
2 Crónicas 19: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT