YouVersion Logo
Search Icon

1 Tesalonicenses 3

3
1Por iso, non aguantando máis, ordenamos de quedar sós en Atenas 2e mandarvos a Timoteo, o noso irmán e colaborador de Deus no Evanxeo de Cristo, para vos fortalecer e vos dar azos na vosa fe, 3A fin de que ninguén se estremeza coas presentes dificultades: ben sabedes vós que para iso estamos. 4Cando estabamos aínda convosco xa vos avisamos que iades ter que aturar dificultades. E, como vedes, así foi. 5Por iso, eu tampouco non aguantei máis e mandeino a que se informase da vosa fe; non fose que vos seducise o tentador e o noso traballo resultase estéril.
6Pero agora, xa chegou Timoteo de onda vós e deunos as boas novas da vosa fe e caridade e de que tedes sempre bo recordo de nós, arelando vernos tanto coma nós a vós. 7Así, irmáns, en medio de todas as nosas adversidades e tribulacións, vós coa vosa fe dádesnos ánimos, 8e agora sentímonos vivir sabendo que vós estades firmes no Señor. 9Con que acción de grazas lle poderemos pagar a Deus por vós, por toda a alegría que pola vosa causa temos diante do noso Deus? 10Rogámoslle con insistencia noite e día que poidamos visitarvos persoalmente e encher as fallas que teña a vosa fe.
11Que o mesmo Deus, noso Pai, e o noso Señor Xesús, endereiten o noso camiño cara a vós. 12E a vós, que o Señor vos faga medrar no amor duns cos outros e con todos, ata rebordar, como nos pasa a nós respecto de vós. 13Que El afinque os vosos corazóns nunha santidade sen tacha diante de Deus, noso Pai, cando veña o noso Señor Xesús con todos os seus santos.

Currently Selected:

1 Tesalonicenses 3: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for 1 Tesalonicenses 3