1 Samuel 13
13
A ameaza filistea
1Xaúl tiña os seus anos cando empezou a reinar e reinou vinte e dous anos sobre Israel. 2Escolleu para si tres mil israelitas. Dous mil estaban con el en Micmás e na montaña de Betel e os outros mil estaban con Ionatán, en Gueba de Benxamín. O resto do pobo mandouno para as súas casas.
3Ionatán destruíu o posto filisteo que había en Gueba e os filisteos soubérono. Xaúl mandou tocar a trompeta por todo o país para dicir: —"Que os hebreos escoiten". 4Todo Israel oíu dicir que Xaúl destruíra o posto dos filisteos e que Israel rompera con eles. O exército reuniuse con Xaúl en Guilgal.
5Os filisteos reuníronse tamén para facer a guerra a Israel. Contaban con tres mil carros, seis mil de cabalería e un exército de a pé coma a area das praias. Subiron a acampar en Micmás ó leste de Bet—Aven. 6Os israelitas víronse en apuro, porque estaban cercados; e escondíanse en covas e nas fendas das rochas, en buratos e en pozos. 7Algúns pasaron o Xordán, cara ó país de Gad e de Galaad.
Xaúl seguía en Guilgal, mais a xente que estaba con el arreguizaba co medo. 8Agar—dou sete días, o prazo fixado por Samuel. Pero Samuel non daba chegado a Guilgal e a xente empezaba a espallarse. 9Entón dispuxo Xaúl: —"Traédeme as vítimas para o holocausto e para o sacrificio de comuñón". E ofreceu el o holocausto.
Samuel condena a Xaúl
10Cando acababa de ofrecer o holocausto, presentouse Samuel. Xaúl saíulle ó encontro e saudouno. 11Samuel preguntoulle: —"Que fixeches?" E Xaúl respondeulle: —"O ver que o pobo se espallaba, que ti non chegabas no prazo fixado e que os filisteos se concentraban en Micmás, 12pensei para min: agora os filisteos botaránseme enriba, en Guilgal, sen ter eu aínda aplacado ó Señor. E atrevinme a ofrecer o holocausto".
13Samuel díxolle a Xaúl: —"Obraches coma un necio. Se seguises as ordes que o Señor, o teu Deus, che deu, o Señor afincaría para sempre o teu reinado sobre Israel. 14Pero agora o teu reinado non se manterá. Xa que ti non obedeciches as ordes do Señor, o Señor buscou un home do seu gusto e decidiu que fose el o xefe do seu pobo".
O encontro cos filisteos
15Samuel subiu de Guilgal e seguiu polo seu camiño. O exército que lle quedara a Xaúl subiu con este ó encontro dos filisteos. De Guilgal dirixiuse a Gueba de Benxamín. Xaúl pasou revista á xente que estaba con el: eran coma seiscentos homes. 16Xaúl, o seu fillo Ionatán e os homes que ían con eles, asentáronse en Gueba de Benxamín. Os filisteos, pola súa parte, acamparon en Micmás.
17Do campamento filisteo saía unha forza de combate que se dividía en tres corpos: un colleu o camiño de Ofrah, cara ó país de Xual; 18outro dirixiuse a Bet—Horón e o terceiro encamiñouse cara á fronteira que domina o val de Seboím, cara ó deserto.
19Daquela en todo o país de Israel non se atopaba un ferreiro. Os filisteos pretendían: "que non haxa quen lles forxe ós hebreos nin espada nin lanza". 20E os israelitas tiñan que baixar onda os filisteos para aguzar as rellas do arado, as eixadas, as machetas e as fouces. 21Afiar unha rella e unha eixada custáballes dous terzos de siclo, e un terzo unha macheta e unha cuña.
22E sucedía que, no día da batalla, non se atopaba nas mans dos homes que ían con Xaúl e con Ionatán nin espada nin lanza, fóra da espada e da lanza que levaban eles os dous. 23Un pelotón dos filisteos saíu cara ó desfiladeiro de Micmás.
Currently Selected:
1 Samuel 13: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT