1 Pedro 5
5
Preocupación pastoral e obediencia na humildade
1Os responsables das vosas comunidades, exhórtoos eu, responsable coma eles, que fun testemuña dos padecementos de Cristo e que terei parte convosco na gloria que está para se manifestar: 2coidade o rabaño de Deus, que está á vosa garda; mirade por el, non por pura obriga senón, como Deus quere, de boa gana; nin por baixos intereses de lucro senón porque vos agrada; 3nin dándovolas de señores dos que se vos encomendaron senón facéndovos exemplo para o rabaño. 4Así, cando apareza o supremo Pastor, recibiredes a coroa da gloria, que nunca murcha.
5Tamén os mozos habedes ser ben guiados cos responsables. No trato cos demais revestídevos todos vós dun pensar humilde, porque
Deus oponse ós soberbios,
pero concédelles a graza ós humildes.
6Por iso vós facédevos humildes,
para estardes baixo a man poderosa de Deus,
de xeito que El vos levante no intre oportuno.
7Botade sobre Deus todas as vosas ansias,
que El coida de vós.
Estar en liña, para vencer o demo e servir a Deus
8Pero comede e bebede con regra. Alerta!
Que o voso inimigo, o demo, bruando coma un león,
anda ó arredor á procura de quen engulir.
9Resistídelle firmes na fe,
sabendo que os mesmos sufrimentos lles están reservados
ós vosos irmáns en todo o mundo.
10Pois Deus, de quen vén toda a graza e que vos chamou por medio de Cristo á súa gloria eterna, despois dun pouco de sufrimento, El mesmo vos porá en forma, vos volverá firmes, fortes e vos dará estabilidade. 11El ten poder polos séculos dos séculos. Amén.
Despedida
12Do puño de Silván, irmán fiel así o considero, escribinvos esta pequena carta, para vos exhortar e asegurar que esta é a verdadeira graza de Deus. Afincádevos ben nela.
13A comunidade escollida coma vós, que vive en Babilonia, mándavos saúdos e tamén o meu fillo Marcos. 14Saudádevos uns ós outros cun bico de irmáns. Paz a todos vós, os cristiáns.
Currently Selected:
1 Pedro 5: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT