1
1 Pedro 5:7
Biblia SEPT
ABGS
Botade sobre Deus todas as vosas ansias, que El coida de vós.
Compare
Explore 1 Pedro 5:7
2
1 Pedro 5:10
Pois Deus, de quen vén toda a graza e que vos chamou por medio de Cristo á súa gloria eterna, despois dun pouco de sufrimento, El mesmo vos porá en forma, vos volverá firmes, fortes e vos dará estabilidade.
Explore 1 Pedro 5:10
3
1 Pedro 5:8-9
Pero comede e bebede con regra. Alerta! Que o voso inimigo, o demo, bruando coma un león, anda ó arredor á procura de quen engulir. Resistídelle firmes na fe, sabendo que os mesmos sufrimentos lles están reservados ós vosos irmáns en todo o mundo.
Explore 1 Pedro 5:8-9
4
1 Pedro 5:6
Por iso vós facédevos humildes, para estardes baixo a man poderosa de Deus, de xeito que El vos levante no intre oportuno.
Explore 1 Pedro 5:6
5
1 Pedro 5:5
Tamén os mozos habedes ser ben guiados cos responsables. No trato cos demais revestídevos todos vós dun pensar humilde, porque Deus oponse ós soberbios, pero concédelles a graza ós humildes.
Explore 1 Pedro 5:5