1 Crónicas 9
9
1Todo Israel está rexistrado nas xenealoxías e inscrito no libro dos Reis de Israel. Xudá foi levado preso a Babilonia polas súas infidelidades.
Habitantes de Xerusalén á volta da catividade
2Os primeiros habitantes que ocuparon de novo as súas posesións, e as súas cidades eran israelitas, sacerdotes, levitas e natineos. 3En Xerusalén establecéronse fillos de Xudá, fillos de Benxamín, fillos de Efraím e de Menaxés. 4Dos descendentes de Peres, fillo de Xudá: Utai fillo de Amihud, fillo de Omrí, fillo de Imrí, fillo de Baní. 5Dos xilonitas: Asaías, o primoxénito, e seus fillos. 6Dos fillos de Zérah: Ieuel e seus irmáns, seiscentos noventa. 7Dos fillos de Benxamín: Salú, fillo de Mexulam, fillo de Hodavías, fillo de Asnuá; 8Ibneías, fillo de Ieroham; Elú, fillo de Uzí, fillo de Micrí; Mexulam, fillo de Xefatías, fillo de Reuel, fillo de Ibnías, 9e seus irmáns, segundo as súas xeracións, novecentos cincuenta e seis. Todos estes eran xefes de familia nas casas de seus pais.
10Sacerdotes: Iedaías, Iehoiarib e Iaquín; 11Azarías, fillo de Hilquías, fillo de Mexulam, fillo de Sadoc, fillo de Meraiot, fillo de Ahitub, xefe do templo; 12Adaías, fillo de Ieroham, fillo de Pashur, fillo de Malaquías; Masai, fillo de Adiel, fillo de Iahzerah, fillo de Mexulam, fillo de Mexilemit, fillo de Imer, 13e seus irmáns, xefes das casas de seus pais, mil setecentos sesenta homes fortes, ocupados en servir o templo.
14Levitas: Xemaías, fillo de Haxub, fillo de Azricam, fillo de Haxabías, dos fillos de Merarí; 15Bacbacar, Hérex, Galal, Matanías, fillo de Miqueas, fillo de Zicrí, fillo de Asaf; 16Abdías, fillo de Xemaías, fillo de Galal, fillo de Iedutún; Berequías, fillo de Asá, fillo de Elcanah, que habitou nos poboados de Netofat. 17Porteiros: Xalum, Acub, Talmón, Ahimán. Seu irmán Xalum era o xefe. 18E ata hoxe está na porta do rei, no oriente. Estes son os porteiros do campamento dos levitas. 19Xalum, fillo de Coré, fillo de Abiasaf, fillo de Córah, e seus irmáns. Os coreítas tiñan ó seu cargo a garda da entrada da Tenda, seus pais fixeran a garda na entrada do campamento de Iavé. 20Pinhás, fillo de Elazar, foi antes o seu xefe. E Iavé estivo con el. 21Zacarías, fillo de Mexelenías, era porteiro da entrada da Tenda do Encontro. 22Eran, con todos, cento doce elixidos para porteiros da entrada, e rexistrados nas xenealoxías, segundo as súas cidades. David e Samuel, o vidente, elixíronos para as súas funcións. 23Eles e os seus fillos gardaban as portas do templo da Tenda. 24Había porteiros ós catro ventos, a oriente e occidente, a norte e a mediodía. 25Seus irmáns residían nas súas aldeas; tiñan que vir de tempo en tempo por sete días; 26pero estes catro xefes dos porteiros, estes levitas, estaban sempre en funcións, e tiñan ademais ó seu cargo a vixilancia das cámaras e dos tesouros do templo. 27Pasaban a noite arredor da casa de Deus, da que tiñan a garda e a que tiñan que abrir cada mañá.
28Uns estaban encargados das cousas do culto. Levaban conta delas ó introducilas e sacalas. 29Outros coidaban de todas as cousas do santuario, como a flor de fariña, o viño, o aceite, o incenso e os perfumes. 30Os fillos dos sacerdotes facían a mestura dos perfumes. 31Matatías, un dos levitas, primoxénito de Xalum, coreíta, coidaba das tortas que se fritían nas tixolas; 32e algúns de seus irmáns de entre os quehatitas tiñan ó seu cargo preparar todos os sábados os pans da proposición. 33Os cantores, xefes de familia dos levitas, que moraban nas cámaras, sen outra función ningunha, porque día e noite estaban na súa. 34Eran os xefes de familia dos levitas, xefes segundo as súas xeracións. Habitaban en Xerusalén.
35O pai de Gabaón, Ieiel, habitaba en Gabaón, e o nome da súa muller era Macah. 36Abdón era o seu primoxénito; despois viñan Sur, Quix, Báal, Ner, Nadab, 37Guedor, Ahió, Zacarías e Miclot. 38Miclot xerou a Ximah. Estes habitaban tamén en Xerusalén con seus irmáns. 39Ner xerou a Quix; Quix xerou a Xaúl; Xaúl xerou a Ionatán, Malquixúa, Abinadab e Exbáal. 40Fillo de Ionatán foi Meribaal; Meribaal xerou a Micah. 41Os fillos de Micah foron Pitón, Mélec, Tahrea e Acaz. 42Acaz xerou a Iarah; Iarah xerou a Alémet, Azmávet e Zimrí; Zimrí xerou a Mosá; 43Mosá xerou a Biná, pai de Refaías, pai de Ehasah, pai de Asel. 44Asel tivo seis fillos que polo seu nome son Azricam, Bocrú, Ismael, Xearías, Abdías e Hanán. Estes son os fillos de Asel.
Currently Selected:
1 Crónicas 9: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT