YouVersion Logo
Search Icon

1 Crónicas 10

10
Morte de Xaúl
1Mentres tanto, os filisteos deron batalla a Israel e os homes de Israel fuxiron ante eles. Moitos deles caeron mortos no monte de Guilboa.
2Os filisteos perseguiron a Xaúl e ós seus fillos, e mataron a Ionatán, Abinadab e Malquixúa, fillos de Xaúl. 3O peso da batalla caeu sobre Xaúl; os arqueiros descubrírono e ferírono.
4Entón dixo Xaúl ó seu escudeiro: —"Saca a espada e traspásame con ela, para que non veñan eses incircuncisos e se moqueen de min". Pero o escudeiro non quixo porque tremía de medo. Entón Xaúl tomou a súa espada e deixouse caer sobre ela. 5Cando o escudeiro viu que Xaúl morrera, botouse tamén sobre a súa espada e morreu.
6Así morreu Xaúl e os seus tres fillos. Con eles desapareceu toda a súa familia.
7Cando os israelitas do val viron que Israel fuxía e que Xaúl e seus fillos morreran, deixaron as súas cidades para fuxiren tamén eles. Os filisteos viñeron inmediatamente e establecéronse nelas.
8Pero outro día, pola mañá, viñeron os filisteos para espoliar os mortos, e atoparon a Xaúl e os seus fillos mortos no monte Guilboa.
9Espoliáronos e levaron as súas cabezas e as súas armas, pregoando as boas novas por toda a terra dos filisteos, ós seus ídolos e ó seu pobo.
10As armas de Xaúl puxéronas no templo do seu deus, e a cabeza colgárona no templo de Dagón.
11Os veciños de Iabex—Galaad, en oíndo o que fixeran os filisteos con Xaúl, 12levantáronse, tomaron o corpo de Xaúl e de seus fillos, e leváronos a Iabex. Enterraron os seus ósos debaixo dun carballo, en Iabex, e fixeron xaxún por sete días.
13Deste xeito morreu Xaúl, porque se fixera culpable de infidelidade para con Iavé, de quen non seguiu a súa palabra, e por consultar os feiticeiros que invocan ós mortos, 14en vez de consultar a Iavé. Por iso Iavé fíxoo morrer, entregándolle o reino a David, fillo de Ixaí.

Currently Selected:

1 Crónicas 10: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in