1
Xuíces 7:2
Biblia SEPT
ABGS
E dixo o Señor a Guideón: —"A xente que tes contigo é abondosa de máis para que eu entregue os madianitas nas súas mans: non sexa que Israel se poña a gabarse diante de min, dicindo: salveime eu por min mesmo.
Compare
Explore Xuíces 7:2
2
Xuíces 7:7
E dixo o Señor a Guideón: —"Cos trescentos homes que beberon lambendo, vouvos salvar, e porei ós madianitas nas túas mans; e o resto da xente, que vaia cadaquén para o seu sitio".
Explore Xuíces 7:7
3
Xuíces 7:3
E agora fai favor de comunicar ós oídos do pobo o que segue: Quen teña medo e trema, que se volva e arrede do monte de Galaad". E volvéronse vinte e dous mil homes do pobo e quedaron dez mil.
Explore Xuíces 7:3
4
Xuíces 7:4
E dixo o Señor a Guideón: —"Aínda o pobo é numeroso de máis: fainos baixar á auga e probareichos alí; e cando che diga: este irá contigo, el irá contigo; e de todo o que che diga: este non irá contigo, ese non irá".
Explore Xuíces 7:4
5
Xuíces 7:5-6
E fixo baixar ó pobo á auga; e dixo o Señor a Guideón: —"A todos os que lamban a auga coa súa lingua —como a lamben os cans—, xuntaralos á parte dos que se axeonllen para beber". E o número dos que lamberon na man foi de trescentos homes; e todo o resto do pobo axeonllouse para beber auga.
Explore Xuíces 7:5-6