1
Isaías 41:10
Biblia SEPT
ABGS
Non teñas medo, que estou contigo; non mires con medo, que eu son o teu Deus. Fortalecinte e axudeite, collinte coa miña destra vitoriosa.
Compare
Explore Isaías 41:10
2
Isaías 41:13
porque eu, o Señor, son o teu Deus, que te collo da man dereita. Eu son quen che digo: non teñas medo. Eu son quen te axuda.
Explore Isaías 41:13
3
Isaías 41:11
Velaí: avergonzarán e serán aldraxados todos os que rabiaban contra ti, serán coma nada e perecerán os homes que loitan contra ti
Explore Isaías 41:11
4
Isaías 41:9
ti es quen eu collín dos confíns da terra e a quen chamei desde os seus extremos. Díxenche: "Ti es o meu servo, quen eu escollín e non rexeitei".
Explore Isaías 41:9
5
Isaías 41:12
buscarás e non atoparás os homes que rifan contigo, serán coma nada e nulidade os homes que guerrean contra ti
Explore Isaías 41:12
6
Isaías 41:14
Non teñas medo, verme de Xacob, bichiño de Israel, Eu son quen te axuda —é o Señor quen fala—; si, o que te redime, o santo de Israel.
Explore Isaías 41:14
7
Isaías 41:8
Ti, Israel, es o meu servo; Xacob, ti es quen eu elixín; ti es a descendencia de Abraham, que me amaba
Explore Isaías 41:8
8
Isaías 41:18
Abrirei regueiros nas gándaras peladas; e no medio dos barrancos, mananciais, converterei o deserto nun pozo de auga, e a terra seca en fontes.
Explore Isaías 41:18
9
Isaías 41:17
Os pobres e os necesitados buscan auga e non a hai, a súa lingua seca coa sede. Eu, o Señor, respondereilles; eu, o Santo de Israel, non os abandonarei.
Explore Isaías 41:17
10
Isaías 41:4
Quen obrou e fixo isto? O que convoca á existencia ás xeracións desde un principio. Eu, o Señor, o Primeiro. Tamén cos derradeiros estarei eu.
Explore Isaías 41:4
11
Isaías 41:19-20
Porei no deserto cedros, acacias, buxos e oliveiras, porei xuntos na estepa amieiros, olmos e cipreses, para que todos vexades e saibades, para que vos apliquedes e vos decatedes de que a man do Señor fixo isto e o Santo de Israel o creou.
Explore Isaías 41:19-20