1
Isaías 40:29
Biblia SEPT
ABGS
El dálle forza ó cansado, ó que non ten enerxía multiplícalle o vigor.
Compare
Explore Isaías 40:29
2
Isaías 40:30-31
Os mozos cansan e fatigan, os atletas escolleitos tropezan e caen; pero ós que teñen esperanza no Señor renóvanselles as forzas, soben con ás de aguia: corren, e non se fatigan; camiñan, e non cansan.
Explore Isaías 40:30-31
3
Isaías 40:28
Pero ti, non o sabes? Non o tes oído?: O Señor é Deus da Eternidade, El creou os extremos do mundo e non está canso nin fatigado, a súa intelixencia é insondable.
Explore Isaías 40:28
4
Isaías 40:3
Unha voz clama: "No deserto preparádelle o camiño ó Señor. Endereitádelle na estepa a calzada ó noso Deus.
Explore Isaías 40:3
5
Isaías 40:8
Seca a herba, murcha a flor, pero a palabra do noso Deus mantense firme para sempre".
Explore Isaías 40:8
6
Isaías 40:5
Pois vaise revelar a gloria do Señor, e toda carne verá o Único. Falou a boca do Señor".
Explore Isaías 40:5
7
Isaías 40:4
Que todo val sexa levantado, que todo monte e outeiro sexa rebaixado; que a terra fragosa se volva unha chaira; e as ladeiras, un val achanzado.
Explore Isaías 40:4
8
Isaías 40:11
Igual ca un pastor, pastorea o seu rabaño, recólleo co seu brazo, leva ós añiños no seo e protexe os que aínda maman.
Explore Isaías 40:11
9
Isaías 40:26
Levantade os vosos ollos ó alto, ollade: Quen fixo esas cousas? O que fai saír con orde o exército celeste, e a todo el o chama polo nome, coa enormidade do seu poder, coa súa vigorosa forza, e non falta ningún.
Explore Isaías 40:26
10
Isaías 40:22
Que El reina sobre o orbe da terra, e que os habitantes da terra son coma saltóns; que el estende coma unha cortina o ceo, esténdeo coma unha tenda onde habitar
Explore Isaías 40:22
11
Isaías 40:2
Faládelle ó corazón de Xerusalén; si, dicídelle ben alto que a súa milicia está cumprida, que a pena pola súa culpa está aceptada. Si, xa recibiu da man do Señor o dobre por todos os seus pecados.
Explore Isaías 40:2
12
Isaías 40:6-7
Unha voz di: "Clama". El responde: "Que vou clamar!". "Toda a carne é herba; e toda a fidelidade da carne, flor do campo. Seca a herba, murcha a flor, cando o alento do Señor sopra nela. (Si, o pobo é a herba).
Explore Isaías 40:6-7
13
Isaías 40:10
Velaí o meu Señor Iavé que chega con poder; si, o seu brazo domina. Velaí a súa paga con el, o seu xornal diante del.
Explore Isaías 40:10
14
Isaías 40:1
Consolade, consolade o meu pobo: —dío o voso Deus.
Explore Isaías 40:1
15
Isaías 40:12-14
Quen mediu coa súa man a auga do mar? Quen mantén fixo o ceo coa súa palma? Quen colleu en tres puñados o po do mundo? Quen pesou os montes coa romana e os outeiros coa balanza? Quen creou o espírito do Señor? Quen é o seu conselleiro, que o instrúa? Con quen se aconsella para entender? Quen lle fixo coller práctica en sentenciar con xustiza? Quen lle ensinou a ciencia? Quen o instruíu no camiño da intelixencia?
Explore Isaías 40:12-14