1
Qohélet (Eclesiastés) 8:15
Biblia SEPT
ABGS
Eu aprobo a ledicia, pois non hai cousa mellor para o home baixo o sol que comer e beber e gozarse. Isto é o que o acompaña no seu esforzo os días de vida que Deus lle dea baixo o sol.
Compare
Explore Qohélet (Eclesiastés) 8:15
2
Qohélet (Eclesiastés) 8:12
con todo, aínda que é verdade que o pecador que fai o mal cen veces, é tolerado, ben sei eu aquilo de: "Os que temen a Deus terán a felicidade xustamente por temelo"
Explore Qohélet (Eclesiastés) 8:12
3
Qohélet (Eclesiastés) 8:6
Xa que todo asunto ten o seu tempo e a súa razón, e sobre o home penden moitos males
Explore Qohélet (Eclesiastés) 8:6
4
Qohélet (Eclesiastés) 8:8
Non hai home que poida controlar o espírito, como non hai control do día da morte, nin evasión da loita, nin riqueza que deixe libre ó seu dono.
Explore Qohélet (Eclesiastés) 8:8
5
Qohélet (Eclesiastés) 8:11
E se a sentencia por un mal proceder non se executa de seguido, os homes collen folgos para facer o mal
Explore Qohélet (Eclesiastés) 8:11
6
Qohélet (Eclesiastés) 8:14
Aínda hai outra cousa absurda na terra: Xustos ós que lles vai coma se obrasen coma impíos; impíos ós que lles vai coma se fixesen igual cós xustos. Eu penso que tamén isto é un absurdo.
Explore Qohélet (Eclesiastés) 8:14
7
Qohélet (Eclesiastés) 8:7
non coñece o que lle pode acaecer, e quen o vai informar do que está por vir?
Explore Qohélet (Eclesiastés) 8:7