1
1 Xoán 3:18
Biblia SEPT
ABGS
Meus filliños, non amemos de palabra e de lingua, senón con feitos e na verdade.
Compare
Explore 1 Xoán 3:18
2
1 Xoán 3:16
Soubemos o que é o amor desde que el deu a súa vida por nós e entón decatámonos de que nós temos que dar a vida polos irmáns.
Explore 1 Xoán 3:16
3
1 Xoán 3:1
Vede o moito que nos quixo o Pai, para nos chamarmos fillos de Deus e sérmolo de verdade. Por iso o mundo non nos recoñece: porque tampouco non o recoñeceu a El.
Explore 1 Xoán 3:1
4
1 Xoán 3:8
Quen comete pecado, vén do demo, xa que o demo é pecador desde o comezo. Por isto se fixo ver o Fillo de Deus, para acabar coas obras do demo.
Explore 1 Xoán 3:8
5
1 Xoán 3:9
Quen naceu de Deus, xa non comete pecado, porque a semente de Deus queda nel: xa non pode pecar, porque naceu de Deus.
Explore 1 Xoán 3:9
6
1 Xoán 3:17
Pois como pode estar o amor de Deus naquel que, tendo moitos bens deste mundo e vendo pasar necesidade ó irmán, lle cerra as entrañas?
Explore 1 Xoán 3:17
7
1 Xoán 3:24
O que cumpre cos seus mandamentos, está en comuñón con Deus, e Deus en comuñón con el: coñecemos que Deus está en comuñón connosco polo Espírito que nos deu.
Explore 1 Xoán 3:24
8
1 Xoán 3:10
Nisto é onde se ven os que son fillos de Deus e os que son fillos do demo. Quen non fai o que é xusto, isto é, quen non quere ben a seu irmán, non vén de Deus.
Explore 1 Xoán 3:10
9
1 Xoán 3:11
Porque esta é a mensaxe que oístes desde o comezo: que nós nos amemos uns ós outros.
Explore 1 Xoán 3:11
10
1 Xoán 3:13
Non vos admiredes, irmáns, de que o mundo vos teña odio.
Explore 1 Xoán 3:13