1
1 Xoán 2:15-16
Biblia SEPT
ABGS
Non lle queirades ben ó mundo nin ó que hai nel. O amor do Pai non pode estar en quen lle queira ben ó mundo. Porque todo o que hai no mundo as inclinacións ó mal, os ollos que endexamais nunca se enchen e o orgullo que dá ter moitos cartos non vén do Pai, senón que vén do mundo.
Compare
Explore 1 Xoán 2:15-16
2
1 Xoán 2:17
Porque o mundo pasa e as súas cobizas tamén, pero quen cumpre coa vontade de Deus, permanece para sempre.
Explore 1 Xoán 2:17
3
1 Xoán 2:6
Quen di que permanece en comuñón con El, ten que comportarse como Xesús se comportou.
Explore 1 Xoán 2:6
4
1 Xoán 2:1
Meus filliños, escríbovos estas cousas para que non pequedes; pero, se algún peca, temos quen nos defenda diante do Pai: Xesús Cristo, o xustificador.
Explore 1 Xoán 2:1
5
1 Xoán 2:4
O que di: "Eu coñézoo" pero non cumpre cos seus mandamentos, é un mentireiro e non ten en si a verdade revelada.
Explore 1 Xoán 2:4
6
1 Xoán 2:3
Sabemos que o coñecemos de verdade polo feito de que cumprimos cos seus mandamentos.
Explore 1 Xoán 2:3
7
1 Xoán 2:9
Quen di que está na Luz, pero odia a seu irmán, aínda está na escuridade.
Explore 1 Xoán 2:9
8
1 Xoán 2:22
Quen é o mentireiro, senón o que nega que Xesús é o Mesías? Ese tal é o Anticristo, porque nega ó Pai e ó Fillo.
Explore 1 Xoán 2:22
9
1 Xoán 2:23
Quen nega ó Fillo, xa non ten comuñón co Pai; e quen profesa a súa fe no Fillo, tamén ten comuñón co Pai.
Explore 1 Xoán 2:23