Chapa ya Youversion
Ikoni ya Utafutaji

Romanos 10

10
1Irmáns as arelas do meu corazón e a miña oración a Deus por eles é para que se salven. 2Eu dou fe en favor deles de que teñen fervor relixioso, pero non é un fervor ben entendido. 3Pois ignorando a xustificación de Deus, e procurando establecer a súa propia, non se someteron á xustificación de Deus. 4Porque a culminación da Lei é Cristo, para xustificar a todos os que cren.
Salvación para todos
5Pois Moisés escribe da xustificación que vén pola Lei: quen a practica, sálvase por ela. 6Pero a xustificación que vén pola fe di así: Non digas no teu corazón, quen subirá ó ceo? (é dicir, para facer baixar a Cristo). 7Ou quen baixará ó abismo? (é dicir, para facer subir a Cristo de entre os mortos). 8Que di, logo, positivamente?
Cerca de ti está a palabra,
na túa boca e no teu corazón.
Esa é a palabra da fe que anunciamos. 9Porque, se confesas coa túa boca que Xesús é Señor e cres de corazón que Deus o resucitou dos mortos, serás salvo. 10Pois é crendo co corazón como se chega á xustificación; e é confesando coa boca como se chega a salvación. 11Porque di a Escritura: todo o que crea nel non quedará defraudado. 12Pois non hai diferenza entre o xudeu e o grego, xa que un mesmo é o Señor de todos, rico para todos os que o invocan; 13por—que todo o que invoque o nome do Señor será salvo.
14Ora, como han de invocar a aquel en quen non creron? Como han de crer naquel de quen non oíron falar? Como han de oír, sen alguén que anuncie? 15Como han de anunciar, se non os mandan? Por iso está escrito: Benvidos os pés dos que anuncian o ben.
A infidelidade de Israel
16Pero non todos aceptaron a Boa Nova. Pois xa di Isaías: "Señor, quen fixo caso da nosa predicación?". 17Polo tanto, a fe é suscitada pola predicación, e a predicación vén pola palabra de Cristo. 18E digo eu: Eles non oirían? Por forza! Por toda a terra se espallou a súa voz, e ata o cabo do mundo as súas palabras. 19Pero insisto: será que Israel non entendeu? Moisés é o primeiro en dicir:
Eu vouvos meter celos por un pobo que nin tan sequera o é; por un pobo parvo vouvos enfurecer.
20Isaías atrévese a dicir:
Atopáronme os que non me buscaban,
e manifesteime ós que non preguntaban por min.
21E referíndose a Israel, di:
Todo o día estiven a estender as miñas mans cara a un pobo desobediente e teimudo.

Iliyochaguliwa sasa

Romanos 10: ABGS

Kuonyesha

Nakili

Linganisha

Shirikisha

None

Je, ungependa vivutio vyako vihifadhiwe kwenye vifaa vyako vyote? Jisajili au ingia