1
Romanos 6:23
Biblia SEPT
ABGS
Pois o xornal do pecado é a morte, pero o regalo de Deus é a vida eterna en Cristo Xesús noso Señor.
Linganisha
Chunguza Romanos 6:23
2
Romanos 6:14
Porque o pecado non vos dominará, que non estades xa debaixo da Lei, senón debaixo da graza.
Chunguza Romanos 6:14
3
Romanos 6:4
Enterrámonos, logo, con el polo bautismo para a morte, para que, como Cristo foi resucitado dos mortos pola gloria do Pai, así tamén nós camiñemos nunha vida nova.
Chunguza Romanos 6:4
4
Romanos 6:13
Nin ofrezades os vosos membros coma armas da inxustiza ó servizo do pecado. Máis ben poñédevos á disposición de Deus, coma mortos que volvestes á vida. E ofrecede os vosos membros coma armas da xustiza ó servizo de Deus.
Chunguza Romanos 6:13
5
Romanos 6:6
Tendo en conta isto, o noso home vello foi crucificado, para que fose destruído o corpo pecador, a fin de non servirmos máis ó pecado.
Chunguza Romanos 6:6
6
Romanos 6:11
Así tamén, vós considerádevos mortos ó pecado, pero vivos para Deus en Cristo Xesús.
Chunguza Romanos 6:11
7
Romanos 6:1-2
Que diremos logo? Manterémonos no pecado, para que abunde a graza? De ningunha maneira. Os que xa morremos ó pecado, como imos vivir aínda nel?
Chunguza Romanos 6:1-2
8
Romanos 6:16
Ben sabedes que se vos ofrecedes a alguén coma escravos para o obedecer, sodes escravos dese a quen obedecedes: se ó pecado, para acabar na morte; se á obediencia, para acadar a xustificación.
Chunguza Romanos 6:16
9
Romanos 6:17-18
Pero, grazas a Deus, vós, aínda que erades escravos do pecado, obedecestes de corazón a doutrina fundamental á que vos entregaron; e, liberados do pecado, fixéstesvos escravos da xustiza
Chunguza Romanos 6:17-18