Apocalipse 12
12
A muller e o dragón: o nacemento do neno
1E apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os seus pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas. 2Estaba embarazada e berraba cos retorzóns e as dores do parto.
3Apareceu outro sinal no ceo: era un gran dragón vermello, que tiña sete cabezas e dez cornos e nas cabezas sete diademas. 4Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese.
5Tivo un fillo varón; aquel que cun caxato de ferro ha rexer a todas as nacións. Pero Deus arrebatou o filliño da muller onda si, ó seu trono. 6E a muller fuxiu para o deserto, onde lle tiña Deus un lugar axeitado para a manter alí mil douscentos sesenta días.
7E produciuse unha guerra no ceo; Miguel e os seus anxos combateron contra o dragón. O dragón combatía cos seus anxos, 8pero non lles puido; e para eles xa non houbo lugar no ceo. 9Deus botou do ceo ó gran dragón, serpe antiga, chamado Satán e Satán, o que fai extraviar a todos os homes: botouno á terra; e ós seus anxos con el.
10E oín un gran berro no ceo, que dicía:
"Arestora chegou a vitoria, o poder,
e o reino do noso Deus,
así coma a soberanía do seu Mesías.
Porque expulsaron o acusador dos nosos irmáns,
o que os acusaba diante do noso Deus,
día e noite.
11Pero eles vencérono grazas ó sangue do Año,
e pola forza do testemuño que deron,
e porque quixeron máis morrer que vivir neste mundo.
12Por iso alegrádevos, ceos,
e os que vivides neles!
Pobre terra e pobre mar!
Porque baixou Satán onda vós.
Baixou adoecido
porque sabe que ten pouco tempo".
13E cando o dragón se decatou de que o botaran para a terra, perseguiu á muller que dera á luz o meniño. 14Pero Deus deulle á muller as dúas ás da gran aguia, para que fose voando ata o deserto, o seu lugar; e dáselle a mantenza alí, lonxe da presenza da serpe durante un tempo, dous tempos e medio tempo.
15A serpe botou pola boca auga, coma un río, detrás da muller, para envolvela na corrente do río. 16Pero a terra acudiu en axuda da muller: abriu a terra a súa boca e zugou o río, que o dragón botara pola boca. 17Enrabexou o dragón contra a muller e foille facer a guerra ó resto da familia dela: ós que gardan os mandamentos de Deus e manteñen firme o testemuño de Xesús.
As dúas bestas
18Detívose na area da beira do mar.
Currently Selected:
Apocalipse 12: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: