Apocalipse 11
11
O santuario e as dúas testemuñas
1Déuseme unha canivela da feitura dunha vara de medir dicíndome: "Érguete e mide o santuario de Deus e mais o seu altar e mide os que adoran no santuario. 2Pero o adro que está fóra do santuario, déixao de lado e non o midas, que llelo deron ós pagáns, que pisarán a cidade santa durante corenta e dous meses. 3Eu permitireilles ás miñas dúas testemuñas que fagan de profetas durante mil douscentos sesenta días vestidas con roupa feita de sacos.
4Estas son as dúas oliveiras e os dous candelabros, que están ergueitos diante do Señor do mundo. 5E se alguén lles quere facer mal, sairá das súas bocas lume que devorará os seus inimigos; se alguén lles quixer facer mal, cómpre que morra deste xeito.
6Eles teñen poder para pechar o ceo, de xeito que non chova durante os días do seu profetizar. Teñen poder de converter a auga en sangue e de castigar a terra con calquera tipo de praga cantas veces queiran. 7Pero, cando acaben o seu testemuño, a fera que sobe do abismo loitará contra eles, venceraos e mataraos.
8E os seus cadáveres quedarán na praza da gran cidade, que se chama en linguaxe simbólica Sodoma e Exipto, onde tamén foi crucificado o seu Señor. 9Xentes de diferentes pobos, tribos, linguas e nacións ollarán para os seus cadáveres durante tres días e medio e non deixarán poñer os cadáveres no sartego. 10Os habitantes da terra alegraranse e brincarán de alegría e mandaranse regalos uns ós outros, porque aqueles dous profetas atormentaran os habitantes da terra".
11Despois destes tres días e medio, un espírito vivificador mandado por Deus entrou neles e puxéronse en pé. Os que miraban para eles entroulles un gran medo. 12E oíron un forte berro que desde o ceo lles dicía: "Subide aquí!". E subiron ó ceo nunha nube, á vista dos seus inimigos. 13Naquela mesma hora veu un gran terremoto e derrubouse unha décima parte da cidade e morreron no terremoto sete mil homes. Os outros colleron medo e déronlle gloria ó Deus do ceo.
14O segundo Ai! pasou: o terceiro Ai! velaí vén.
CUARTA SECCIÓN: A SÉTIMA TROMPETA E A SERIE DAS VISIÓNS DO DRAGÓN
Loanzas e agradecementos
15Logo tocou o sétimo anxo e oíronse uns fortes berros desde o ceo, que dicían:
"O reinado do mundo pasou a ser do noso Deus
e do seu Mesías!
El reinará polos séculos dos séculos".
16E os vinte e catro anciáns, os que sentan diante de Deus nos seus tronos, prostráronse para adorar a Deus, 17dicindo:
"Dámosche grazas a ti, Señor, Deus que todo o sostén,
que es e que eras
por asumires o teu grande poder,
e comezares a reinar.
18Anoxáronse contra ti os xentís,
pero agora chegou o teu anoxo:
é o momento de lles facer xustiza ós que morreron,
e de lles dar a paga ós teus servos, os profetas,
ó teu Santo pobo e ós que te respectan a ti,
ós pequenos e ós grandes,
e de esnaquizar os que destrúen o mundo.
Anuncio da intervención de Deus
19E abriuse o santuario celeste de Deus e apareceu a arca da súa alianza no seu santuario. Entón houbo lóstregos, berros, tronos, un terremoto e unha grande sarabiada.
Currently Selected:
Apocalipse 11: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: