Bible App logo
Search Icon

Salmos 82

82
(81) Facede xustiza ós pobres
1Salmo de Asaf.
Deus érguese no concello divino,
fai xuízo na xunta dos deuses.
2Por canto tempo aínda xulgaredes inxustamente
favorecendo a causa dos malvados?
3Facede xustiza ós pobres e ós orfos,
dade o seu dereito ós humildes e ós pobres,
4rescatade ós pobres e oprimidos,
librádeos da man dos malvados.
5Eles non saben nin entenden; camiñan ás escuras,
mentres o mundo treme desde os alicerces.
6Eu dixera: —"Sodes deuses,
fillos todos do Altísimo;
7pero morreredes coma os homes,
caeredes o mesmo cós tiranos".
8Érguete, Deus, goberna ti a terra,
pois todos os pobos che pertencen.

Currently Selected:

Salmos 82: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in