Salmos 79
79
(78) Vinganza do sangue vertido
1Salmo de Asaf.
As xentes entraron, Deus, na túa herdade,
profanaron o teu santo templo,
reduciron Xerusalén a unha ruína.
2Botaron os cadáveres dos teus servos
por pasto ás aves do ceo;
a carne dos teus amigos,
ós animais do monte.
3Verteron sangue coma auga
arredor de Xerusalén,
sen haber quen enterrase.
4Convertémonos en escarnio dos veciños,
en burla e riso dos que nos rodean.
5Por canto aínda, Señor?
Será para sempre o teu enfado?
Arderá coma o lume o teu noxo?
6Descarga a túa ira
sobre as xentes que non te recoñecen,
sobre os reinos que non invocan o teu nome,
7pois devoran a Israel,
alagan as súas moradas.
8Non nos teñas en conta os pecados dos pais,
chegue axiña a túa piedade,
que estamos esgotados.
9Axúdanos, Deus, Salvador noso,
pola gloria do teu nome;
líbranos, perdoa as nosas culpas,
por mor do teu nome.
10Por que han de dicir as xentes:
—"Onde está o seu Deus?".
Que vexamos cos nosos ollos entre as xentes
a vinganza do sangue vertido dos teus servos.
11Que chegue ata a ti o pranto dos cativos
e que o teu brazo poderoso salve os condenados á morte.
12Págalles sete veces ós veciños
o oprobio, Señor, con que te aldraxan.
13Nós, o teu pobo, ovellas do teu rabaño,
cantaremos polas xeracións as túas loanzas.
Currently Selected:
Salmos 79: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT