Bible App logo
Search Icon

Salmos 74

74
(73) Ruínas que fan chorar
1Poema de Asaf.
Por que, Deus, nos rexeitas? Será por sempre?
Por que se inflama a túa ira coas ovellas do teu rabaño?
2Acórdate da comunidade que desde antigo adquiriches,
do pobo que rescataches para a túa posesión,
do monte Sión, onde fixeches a túa morada.
3Dirixe os teus pasos cara ás eternas ruínas:
no teu santuario todo o arrasou o inimigo.
4Os teus adversarios roxen no lugar das asembleas
e levantan alí os estandartes.
5Son coma os que branden o machado na madeira:
6nun intre esnaquizan todas as súas portas,
con machado e martelo.
7Puxeron lume ó teu santuario,
arrasaron e profanaron a morada do teu nome.
8Din entre si: —"Acabemos con eles",
e queiman todos os santuarios do país.
9Nós non vemos sinais nin existe un profeta,
e ninguén de entre nós sabe por canto tempo aínda.
10Ata que día, Deus, nos asoballará o opresor?
Aldraxarán por sempre os inimigos o teu nome?
11Por que arredas a túa man
e retés a túa dereita no seo?
12Pero ti, Deus, es desde sempre o meu rei,
o que obras liberacións en toda a terra.
13Ti fendes o mar co teu poder
e nas augas, a cabeza dos dragóns.
14Ti esmágaslle a cabeza ó Leviatán
e bótasllelo ós monstros mariños de comida.
15Ti abres fontes e regachos
e secas ríos caudais.
16Teu é o día e túa a noite,
ti estableciches a lúa e mais o sol.
17Ti marcácheslle ó mundo as súas fronteiras,
Fixeches o verán e o inverno.
18Recorda, Señor, que os inimigos te aldraxan,
que xente insensata maldí o teu nome.
19Non lles entregues ós voitres a vida da túa pomba,
non te esquezas por sempre da vida dos teus pobres.
20Fíxate na túa alianza;
todos os recantos da terra son tobos de violencia.
21Que non acaben na vergonza os oprimidos:
os humildes e os pobres loarán o teu nome.
22Érguete, Deus, defende a túa causa,
recorda as continuas aldraxes dos necios;
23non esquezas as voces dos inimigos,
o tumulto crecente dos que se rebelan contra ti.

Currently Selected:

Salmos 74: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for Salmos 74