Salmos 132
132
(131) Elección de David e de Sión
1Cántiga das subidas.
Señor, tenlle en conta a David
as súas moitas aflicións,
2cando xurou ó Señor
e fixo este voto ó Deus de Xacob:
3—"Non entrarei na miña casa
nin subirei ó leito do repouso,
4non concederei sono ós meus ollos
nin acougo ás miñas pálpebras,
5Ata lle atopar sitio ó Señor,
morada ó Deus de Xacob".
6Oímos dela en Efrátah,
atopámola nos campos de Iáar.
7Entremos na súa morada,
prostrémonos perante o estrado dos seus pés.
8Érguete, Señor, cara á túa mansión,
ti e mais a Arca da túa maxestade.
9Que os teus sacerdotes vistan de festa
e os teus devotos relouquen.
10Por mor do teu servo David,
non desdeñes o teu unxido.
11O Señor xuroulle a David
—promesa da que non renega—:
—"Prole da túa liñaxe
porei sobre o teu trono.
12Se teus fillos gardan a miña alianza
e este precepto que lles ensino,
tamén os fillos deles por sempre
sentarán no teu trono".
13O Señor elixiu a Sión
e quíxoa por morada:
14—"Esta será para sempre a miña casa,
habitarei nela, porque a quero.
15Bendicirei as súas provisións,
fartarei de pan os seus pobres;
16vestirei os seus sacerdotes de festa
e reloucarán os seus devotos.
17Alí farei florecer o vigor de David,
acendereille ó meu unxido unha lámpada.
18Cubrirei de confusión os inimigos,
mentres brilla sobre el a diadema".
Currently Selected:
Salmos 132: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT