Salmos 116
116
(114-115) Alzo a copa da salvación
1Amo ó Señor que escoita
a miña voz suplicante,
2e pon cara a min o seu oído
no día en que o chamo.
3Cando me envolven lazos de morte
e as redes do abismo me atrapan;
cando me atopo en apuro e aflición,
4invoco o nome do Señor:
Ai, Señor, sálvame a vida!
5O Señor é xusto e clemente,
o noso Deus é compasivo.
6O Señor garda os humildes:
na miña febleza hame socorrer.
7Alma miña, recobra o sosego,
pois o Señor cumpre contigo.
8Ti libras da morte a miña vida,
os meus ollos das bágoas,
os meus pés da caída.
9Camiñarei á vista do Señor
na terra da vida.
10Confío, aínda que diga:
—"Eu son un desgraciado".
11E no meu apuro digo:
—"Todo enganos son os homes".
12Con que lle pagarei ó Señor
todo o ben que me fai?
13Alzarei a copa da salvación,
invocando o nome do Señor;
14cumprirei os meus votos ó Señor,
á vista de todo o seu pobo.
15Moi custosa é ós ollos do Señor
a morte dos seus amigos.
16Ai, Señor, que eu son o teu servo,
servo teu e fillo da túa serva,
a quen ti rompiches as cadeas!
17Ofrézoche sacrificios de loanza,
invocando o nome do Señor.
18Cumprirei os meus votos ó Señor,
á vista de todo o seu pobo,
19nos adros da casa do Señor,
no medio de ti, Xerusalén,
Aleluia.
Currently Selected:
Salmos 116: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT