Proverbios 30
30
PALABRAS DE AGUR
1Palabras de Agur, fillo de Iaqueh, o de Masá. Sentencia deste home: —"Non hai Deus, non hai Deus, e estou canso,
2pois eu son máis unha besta ca un home
e non teño discernimento humano;
3non aprendín Sabedoría
nin acadei coñecemento do Santo".
4Quen ascendeu ó ceo e de alí baixou?
Quen recolleu o vento nos seus puños?
Quen envolveu as augas no seu manto?
Quen afincou os lindeiros da terra?
Cal é o seu nome e cal o de seu fillo,
acaso o sabes?
5Toda palabra de Deus está acrisolada,
El é un escudo para os que nel se refuxian.
6Non acrecentes ren ás súas palabras,
non sexa que te reprenda e sexas convencido de mentira.
7Dúas cousas che pido,
non mas negues antes de que eu morra:
8Afasta de min a falsidade e a mentira,
non me deas nin pobreza nin riqueza,
déixame comer a miña ración de pan,
9non sexa que, farto, renegue
dicindo: —"Quen é ese, o Señor?";
ou que, empobrecido, roube,
aldraxando o nome de Deus.
10Non critiques o criado diante do amo,
para que non te maldiga e a teñas que pagar.
PROVERBIOS NUMÉRICOS
11Hai xente que maldí ó propio pai,
e non bendí á súa nai.
12Hai xente que se ten por limpa,
e non se lava da súa cotra.
13Hai xente que se xulga a si mesma moi importante,
que leva a altiveza na ollada.
14Hai xente con espadas por dentes
e coitelos por queixadas,
para engulipar os pobres do país
e os miserentos, arrincándoos da terra.
15A samesuga ten dúas fillas: —"Dáme" e "Dáme"!
Velaquí tres cousas que non se dan fartas,
e unha cuarta que non di: —"abonda!":
16O Xeol, o seo estéril,
terra non farta de auga,
lume que xamais non di: — "abonda".
17Ollos de quen se burla do pai
e aldraxa á nai anciá,
que lles arrinquen os ollos os corvos
e sexan comestos das aguias!
18Tres cousas hai que me deixan abraiado,
e unha cuarta que non entendo:
19O camiño da aguia polo ceo,
o camiño da cobra pola rocha,
o camiño da barca pola alta mar
e o camiño do varón pola doncela.
20Tal é o xeito da adúltera:
come, limpa a boca e di: —"Non fixen mal ningún".
21Por tres cousas estremécese a terra,
e aínda catro non pode aturar:
22que un escravo chegue a gobernar,
que o insensato se farte de pan,
23que case a muller odiosa
e que a criada leve a herdanza da ama.
24Catro cousas pequechas hai na terra,
e, con todo, máis sabias cós mesmos sabios:
25As formigas, pobo feble
que polo verán asegura a súa mantenza;
26os teixugos, pobo sen poderío
que no entanto furan o seu tobo nas rochas;
27As lagostas, que non teñen rei
e marchan todas ordenadas;
28A lagarta, que a podes coller coas mans
e cóase no pazo real.
29Tres cousas hai de paso egrexio,
e aínda catro de fermoso camiñar:
30O león, o heroe de entre as feras,
que diante de ninguén recúa;
31o galo, que camiña fachendoso; tamén o arroallo;
e un rei diante do seu pobo.
32Se te ensoberbeciches por lixeireza
ou adrede, man á boca!
33pois, premes o leite e sae manteiga;
premes o nariz e sae o sangue;
premes a ira e sae a liorta.
Currently Selected:
Proverbios 30: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT
Proverbios 30
30
PALABRAS DE AGUR
1Palabras de Agur, fillo de Iaqueh, o de Masá. Sentencia deste home: —"Non hai Deus, non hai Deus, e estou canso,
2pois eu son máis unha besta ca un home
e non teño discernimento humano;
3non aprendín Sabedoría
nin acadei coñecemento do Santo".
4Quen ascendeu ó ceo e de alí baixou?
Quen recolleu o vento nos seus puños?
Quen envolveu as augas no seu manto?
Quen afincou os lindeiros da terra?
Cal é o seu nome e cal o de seu fillo,
acaso o sabes?
5Toda palabra de Deus está acrisolada,
El é un escudo para os que nel se refuxian.
6Non acrecentes ren ás súas palabras,
non sexa que te reprenda e sexas convencido de mentira.
7Dúas cousas che pido,
non mas negues antes de que eu morra:
8Afasta de min a falsidade e a mentira,
non me deas nin pobreza nin riqueza,
déixame comer a miña ración de pan,
9non sexa que, farto, renegue
dicindo: —"Quen é ese, o Señor?";
ou que, empobrecido, roube,
aldraxando o nome de Deus.
10Non critiques o criado diante do amo,
para que non te maldiga e a teñas que pagar.
PROVERBIOS NUMÉRICOS
11Hai xente que maldí ó propio pai,
e non bendí á súa nai.
12Hai xente que se ten por limpa,
e non se lava da súa cotra.
13Hai xente que se xulga a si mesma moi importante,
que leva a altiveza na ollada.
14Hai xente con espadas por dentes
e coitelos por queixadas,
para engulipar os pobres do país
e os miserentos, arrincándoos da terra.
15A samesuga ten dúas fillas: —"Dáme" e "Dáme"!
Velaquí tres cousas que non se dan fartas,
e unha cuarta que non di: —"abonda!":
16O Xeol, o seo estéril,
terra non farta de auga,
lume que xamais non di: — "abonda".
17Ollos de quen se burla do pai
e aldraxa á nai anciá,
que lles arrinquen os ollos os corvos
e sexan comestos das aguias!
18Tres cousas hai que me deixan abraiado,
e unha cuarta que non entendo:
19O camiño da aguia polo ceo,
o camiño da cobra pola rocha,
o camiño da barca pola alta mar
e o camiño do varón pola doncela.
20Tal é o xeito da adúltera:
come, limpa a boca e di: —"Non fixen mal ningún".
21Por tres cousas estremécese a terra,
e aínda catro non pode aturar:
22que un escravo chegue a gobernar,
que o insensato se farte de pan,
23que case a muller odiosa
e que a criada leve a herdanza da ama.
24Catro cousas pequechas hai na terra,
e, con todo, máis sabias cós mesmos sabios:
25As formigas, pobo feble
que polo verán asegura a súa mantenza;
26os teixugos, pobo sen poderío
que no entanto furan o seu tobo nas rochas;
27As lagostas, que non teñen rei
e marchan todas ordenadas;
28A lagarta, que a podes coller coas mans
e cóase no pazo real.
29Tres cousas hai de paso egrexio,
e aínda catro de fermoso camiñar:
30O león, o heroe de entre as feras,
que diante de ninguén recúa;
31o galo, que camiña fachendoso; tamén o arroallo;
e un rei diante do seu pobo.
32Se te ensoberbeciches por lixeireza
ou adrede, man á boca!
33pois, premes o leite e sae manteiga;
premes o nariz e sae o sangue;
premes a ira e sae a liorta.
Currently Selected:
:
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT