Números 16:30-32
Números 16:30-32 ABGS
pero se o Señor fai un portento e a terra abre a súa boca e os engole con todo o que lles pertence, de sorte que baixen vivos á morada dos mortos, entón saberedes que estes homes blasfemaron contra o Señor". E aconteceu que, tan pronto como acabou de falar, fendeuse a terra debaixo dos seus pés. A terra abriu a súa boca e enguliunos a eles e ás súas familias, toda a xente de Coré e toda a súa facenda.

![[Songs of Praise] Who’s in Charge? Números 16:30-32 Biblia SEPT](/_next/image?url=https%3A%2F%2Fimageproxy.youversionapi.com%2Fhttps%3A%2F%2Fs3.amazonaws.com%2Fyvplans%2F48549%2F1440x810.jpg&w=3840&q=75)



