YouVersion Logo
Search Icon

Mateo 3

3
PREPARACIÓN DA PREDICACIÓN DE XESÚS
Xoán Bautista (Mc 1, 2-8; Lc 3, 1-18)
1Naqueles días apareceu Xoán Bautista no deserto, proclamando:
2Convertédevos, que xa chega o Reino dos Ceos.
3El era de quen dixera o profeta Isaías:
Unha voz clama no deserto:
Preparade o camiño do Señor,
endereitade os seus vieiros.
4Xoán ía vestido con pelos de camelo e cun cinguideiro de coiro no van, e mantíñase de saltóns e mel bravo. 5Ía onda el xente de Xerusalén, de toda Xudea e mais da banda do Xordán. 6Confesaban os seus pecados e el bautizábaos no Xordán.
7Como se decatara de que moitos fariseos e saduceos viñan a que os bautizase, díxolles:
Raza de víboras! Quen vos ensinou a fuxir do castigo que está a chegar? 8Dade froitos dignos dunha verdadeira conversión, 9e non vos fagades ilusións dicindo entre vós: "Somos fillos de Abraham", porque vos aseguro que Deus pode sacar fillos de Abraham mesmo destas pedras. 10Xa está a machada posta contra a raíz das árbores, e toda árbore que non dea froito cortarase e botarase ó lume.
11Eu bautízovos con auga para que vos convertades. Pero o que vén detrás miña é máis forte ca min, e nin tan sequera son digno de lle levar as sandalias. El havos bautizar co Espírito Santo e con lume. 12Porque trae a forcada na man, para limpar a súa eira e na hucha recoller o trigo; e ha queimar a palla nun lume que nunca se apaga.
Bautismo de Xesús (Mc 1, 9-11; Lc 3, 21-22)
13Entón apareceu Xesús, que viña desde Galilea ó Xordán, para que Xoán o bautizase. 14Xoán trataba de impedilo dicindo:
Como vés ti onda min, se es ti quen me tes que bautizar a min?
15Xesús respondeulle:
Deixa agora, pois convén que cumpramos a vontade de Deus.
Xoán accedeu. 16Tan pronto como foi bautizado, Xesús saíu da auga. E velaí que se abriron os ceos, e viu o Espírito de Deus baixar como unha pomba ata se pousar enriba del. 17E oíuse desde o ceo unha voz que dicía:
Este é o meu fillo benquerido, o predilecto.

Currently Selected:

Mateo 3: ABGS

Highlight

Share

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

YouVersion uses cookies to personalize your experience. By using our website, you accept our use of cookies as described in our Privacy Policy