YouVersion Logo
Search Icon

Xosué 15

15
A partilla da tribo de Xudá
1E tocoulle a partilla á tribo dos fillos de Xudá, segundo as súas familias, no lindeiro de Edom, ó sur do deserto de Sin, no extremo meridional. 2E foi o seu lindeiro sur o extremo do Mar do Sal, desde a lingua que miraba cara ó mediodía 3e saía cara ó sur da subida de Acrabim, pasaba por Sin e subía polo sur de Cadex—Barnea; pasaba por Hesrón, subía cara a Adar e xiraba cara a Carcáah; 4pasaba por Asmón, prolongábase ata o torrente de Exipto, e saía á beira do mar. Este era o seu lindeiro sur.
5O seu lindeiro oriental era o Mar do Sal ata a foz do Xordán; 6subía a Bet—Hoglah, pasaba polo norte de Bet—Arabah, e rubía á Rocha de Bohán, o fillo de Rubén, 7e continuaba cara a Debir, desde o Val de Acor. E, polo norte, ía cara a Guilgal, que está enfronte da subida de Adumim ó sur do torrente; despois pasaba a pé das augas de En—Xémex, indo saír a En—Róguel. 8E o lindeiro subía polo Val de Ben—Hinnóm, pola beira sur dos iebuseos —isto é, de Xerusalén—; e rubía polo cume do monte que dá polo oeste a Gue—Hinnom, e polo norte ó extremo do Val dos Refaím. 9Desde o cume do monte, continuaba cara á fonte de auga de Neftóah, e saía ás vilas da montaña de Efrón; seguía cara a Baalah —que é Quiriat—Iearim—, 10xiraba desde Baalah contra o occidente, ó monte Seir, pasaba pola aba norte da montaña de Iearim —que é Quesalón—, baixaba a Bet—Xémex e ía cara a Timnah; 11corría polo flanco norte de Ecrón, continuaba cara a Xiquerón, e pasaba ó monte de Baalah, prolongábase ata Iabneel e remataba no mar. 12E o lindeiro occidental ía dar ó Mar Grande e á súa praia. Esta é a fronteira que circundaba o territorio dos fillos de Xudá, segundo as súas familias.
A parte de Caleb
13E a Caleb, fillo de Iefuneh, deulle unha parte no medio dos fillos de Xudá, de acordo co mandato do Señor a Xosué: Quiriat—Arbá, do pai de Anac, que é Hebrón. 14E botou de alí Caleb ós tres fillos de Anac: a Xexai, Ahimán e Talmai. 15E subiu desde alí contra os veciños de Debir (o nome de Debir era antes Quiriat—Séfer); 16e dixo Caleb:
—"A quen ataque a Quiriat—Séfer e a conquiste, dareille por muller a miña filla Acsah".
17Conquistou a vila Otoniel, fillo de Quenaz e irmán de Caleb; e Caleb deulle por muller a súa filla Acsah. 18Aconteceu que, ó convivir con ela, incitouna a pedirlle a seu pai un campo; e baixou do asno, e díxolle a ela Caleb:
—"Que tés?"
19Respondeulle ela: —"Anda, faime un favor: pois me deches terra árida, dáme algunha fonte de auga".
E foi el e deulle a fonte de arriba e mais a de abaixo.
As cidades de Xudá
20Esta é a herdanza da tribo dos fillos de Xudá, segundo as súas familias. 21E foron as cidades, desde o remate da tribo dos fillos de Xudá ata o lindeiro de Edom, no Négueb, Cabseel, Éder e Iagur, 22Quinah, Dimonah, Adadah, 23Quédex, Hasor, Itnán, 24Zif, Télem, Bealot, 25Hasor, Hadatah, Queriot, Hesrón —que é Hasor—, 26Amam, Xemá, Moladah, 27Hasar—Gadá, Hexmón, Bet—Pálet, 28Hasar—Xual, Beer—Xeba, Bizioteiah, 29Baalah, Iim, Sem, 30Eltolad, Quesil, Hormah, 31Siclag, Madmanah, Sansanah, 32Lebaot, Xilhim, Ain e Rimón: no total, vintenove cidades coas súas aldeas.
33E na Xefelah, Extaol, Sorah, Axnah, 34Zanóah, En—Ganim, Zapúah, Enam, 35Iar—mut, Adulam, Socoh, Azecah, 36Xaaraim, Aditaim, Guederah e Guederotaim: catorce cidades, coas súas aldeas.
37Senán, Hadaxah, Migdal—Gad, 38Dileán, Mispeh, Iocteel, 39Láquix, Boscat, Eglón, 40Cabón, Lahmás, Quitlix, 41Guederot, Bet—Dagón, Naamah e Maquedah: dezaseis cidades coas súas aldeas.
42Libnah, Éter, Axán, 43Iefté, Axnah, Nesib, 44Queilah, Aczib e Marexah: nove cidades coas súas aldeas.
45Ecrón, coas súas vilas e as súas aldeas. 46Desde Ecrón ata o mar, todo o que está a carón de Axdod e mais as súas aldeas; 47Axdod, as súas vilas e as súas aldeas: Gaza, as súas vilas e as súas aldeas, ata o torrente de Exipto, tendo como lindeiro o Mar Grande.
48Na montaña, Xamir, Iatir, Sócoh, 49Danah, Quiriat—Sanah, —que é Debir—; 50Anab, Extemoh, Anim, 51Goxén, Holón e Guilón: once cidades coas súas aldeas.
52Arab, Rumah, Exán, 53Ianum, Bet—Zapúah, Afecah, 54Humtah, Quiriat—Arbá —que é Hebrón— e Sior: nove cidades e as súas aldeas.
55Maón, Carmel, Zif, Iutah, 56Iezrael, Iocdeam, Zanóah, 57Caín, Guibah e Timnah: dez cidades, e as súas aldeas.
58Halhul, Bet—Sur e Guedor; 59Maarat, Bet—Anot e Eltecón: seis cidades e as súas aldeas.
60Quiriat—Baal (que é Quiriat—Iearim) e Rabah: dúas cidades e as súas aldeas.
61No deserto, Bet—Aarabah, Midín e Secacah, 62Nibxán, a Cidade do Sal e En—Guedi: seis cidades e as súas aldeas.
63No tocante ós iebuseos veciños de Xerusalén, non puideron botalos fóra os fillos de Xudá: e habitaron cos fillos de Xudá en Xerusalén ata o día de hoxe.

Currently Selected:

Xosué 15: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in