Xeremías 7:22-23
Xeremías 7:22-23 ABGS
Ollade que cando saquei os vosos pais do país de Exipto, non lles falei, nin lles impuxen ningunha obrigación de holocaustos e de sacrificios, senón que foi este o precepto que lles impuxen: "Escoitade a miña voz: Eu serei o voso Deus, e vós seredes o meu pobo; camiñade polo vieiro que vos mando, para que vos vaia ben".





