Xeremías 45
45
Oráculo salvífico para Baruc
1Este é o oráculo que lle dirixiu o profeta Xeremías a Baruc fillo de Nerías, cando, no ano cuarto de Ioaquim, rei de Xudá, Baruc escribía estes oráculos nun rolo ó ditado de Xeremías: 2Isto diche o Señor, Deus de Israel, a ti, Baruc:
3Ti dis: Ai de min! O Señor engade aflicións á miña dor;
estou canso de tanto chorar, e non atopo acougo.
4Respóndelle deste xeito: Así fala o Señor:
O que construín, vouno destruír eu,
e o que plantei, vouno arrincar,
(e tamén a todo este país).
5Seica ti buscas grandes cousas para ti? —Non as busques.
Porque eu vou traer a desgraza sobre todas as criaturas
—é o Señor quen fala—,
pero a ti, coma despoxo, fareiche o don da túa propia vida,
en todos os lugares a onde vaias.
Currently Selected:
Xeremías 45: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT