YouVersion Logo
Search Icon

Xuíces 1

1
PRIMEIRA INTRODUCIÓN (1, 1-2, 10)
1E aconteceu que, despois da morte de Xosué, foron consultar os fillos de Israel ó Señor: —"Quen de nós subirá o primeiro para a loita contra os cananeos?"
2E o Señor respondeu: —"O primeiro será Xudá. Velaquí que entreguei o país nas súas mans".
3E dixo Xudá a seu irmán Simeón: —"Rube comigo á miña herdanza e batallaremos contra os cananeos, e irei tamén eu contigo á túa herdanza". E Simeón foi con el. 4E subiu Xudá, e puxo o Señor nas súas mans os cananeos e os perizitas, e abateron en Bézec a dez mil homes. 5E atoparon a Adoni—Bézec en Bézec, e loitaron contra el, e venceron ós cananeos e ós perizitas. 6E fuxiu Adoni——Bézec e fórono abourando; e atrapárono e mutilárono dos polgares das súas mans e dos seus pés. 7E dixo Adoni—Bézec: —"Sete reis cos polgares das súas mans e dos seus pés cepados están debaixo da miña mesa recollendo as migallas. Conforme fixen eu, recompensoume Deus a min". E levárono a Xerusalén e morreu alí.
8E loitaron os fillos de Israel contra Xerusalén, e conquistárona, e pasárona polo gume da espada; e á cidade prendéronlle lume. 9E despois baixaron os fillos de Xudá para loitaren contra os cananeos que habitaban a montaña, o Négueb e a Xefelah. 10E foi Xudá contra os cananeos que habitaban en Hebrón —o nome de Hebrón era antes Quiriat—Arbá—, e venceu a Xexai, a Ahimán e a Talmai. 11E desde alí foi contra os veciños de Debir —o nome de Debir era antes Quiriat——Séfer, 12e dixo Caleb: —"A quen arremeta contra Quiriat—Séfer e a gañe, dareille por muller a miña filla Acsah". 13E conquistouna Otoniel, fillo de Quenaz—o seu irmán máis novo—, e deulle por esposa a súa filla Acsah. 14E, cando conviviu con ela, instigouna a pedirlle a seu pai un campo; e baixou do asno e díxolle Caleb: —"Que tes?" 15Ela respondeulle: —"Anda, faime un favor: pois me deches terra árida, dáme algunha fonte de auga". E deulle Caleb as fontes de arriba e as fontes de abaixo.
16E os descendentes do sogro de Moisés —o quenita— subiron da Vila das Palmeiras cos fillos de Xudá ó deserto de Xudá que queda no Négueb de Arad; e foron, e habitaron entre o pobo.
17E foi Xudá co seu irmán Simeón e desbarataron ós cananeos que habitaban en Sefat; e exterminaron a cidade e puxéronlle de nome Hormah. 18E apoderouse Xudá de Gaza co seu termo; e de Axquelón, co seu termo; e de Ecrón, co seu termo. 19E o Señor estaba con Xudá, que se apoderou da montaña (ó non poder botar os veciños do val, por teren eles carros de ferro). 20E déronlle a Caleb Hebrón, segundo dispuxera Moisés; e botaron de alí ós tres fillos de Anaq. 21Pero ós iebuseos, que habitaban en Xerusalén, os fillos de Benxamín non os puideron botar; e moraron os iebuseos en Xerusalén cos fillos de Benxamín ata o día de hoxe.
22E subiron os da casa de Xosé —tamén eles— contra Betel; e o Señor estaba con eles. 23E a casa de Xosé fixo axexar Betel —e o nome da vila era antes Luz—; 24e viron os vixías que saía da cidade un home e dixéronlle: —"Móstranos, por favor, a entrada da vila e teremos piedade de ti". 25E mostroulles a entrada da vila, e pasárona polo gume da espada; pero a aquel home e a toda a súa familia deixáronos ir. 26E foi o home ó país dos hititas, e levantou unha vila, e chamouna Luz; e foi Luz o seu nome ata o día de hoxe.
27E non botou Menaxés ós de Bet—Xeán e as súas vilas, nin ós de Tanac e as súas vilas, nin ós veciños de Dor e as súas vilas, nin ós veciños de Ibleam e as súas vilas, nin ós veciños de Meguido e as súas vilas; e os cananeos continuaron morando naquela terra. 28Mais cando se fortaleceu Israel, púxolles un tributo ós cananeos; pero o que é botar, non os botaron.
29Tampouco Efraím botou ós cananeos que habitaban en Guézer; e viviron os cananeos en Guézer no medio deles.
30Nin tampouco Zebulón botou ós veciños de Quitrón, nin ós veciños de Nahalol, e moraron os cananeos entres eles, aínda que pagándolles tributo.
31Axer non botou ós veciños de Acco, nin ós veciños de Sidón; nin ós de Ahlab, nin ós de Aczib, nin ós de Helbah, nin ós de Afec, nin ós de Rehob. 32E moraron os axeritas entres os cananeos que habitaban o país, pois non os botaron.
33Naftalí tampouco botou ós veciños de Bet—Xémex, nin ós de Bet—Anat; e morou no medio dos cananeos que habitaban o país, aínda que os veciños de Bet—Xémex e os de Bet—Anat lle tiveron que pagar tributo.
34E os amorreos premeron ós fillos de Dan cara á montaña, e non lles permitiron baixar ó val. 35E continuaron morando os amorreos na montaña de Heres, en Aialón e en Xaalbim; pero a casa de Xosé cargou a man sobre eles, e tivéronlle que pagar tributo.
36O lindeiro dos amorreos ía desde a subida de Acrabim desde a rocha, para arriba.

Currently Selected:

Xuíces 1: ABGS

Highlight

Share

Compare

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in

Video for Xuíces 1