Isaías 58
58
O xaxún que ó Señor lle gusta
1Clama coa túa gorxa, non pares,
levanta a túa voz coma unha trompeta.
Denúncialle ó meu pobo a súa rebeldía,
e á casa de Xacob os seus pecados.
2Día tras día búscanme a min
e comprácense no coñecemento dos meus vieiros,
coma se fosen un pobo que practicase a xustiza
e non abandonase a lei do seu Deus.
Pregúntanme polos preceptos da xustiza
e comprácense coa proximidade de Deus.
3Por que xaxuamos, se ti non o ves?
Por que afliximos a nosa gorxa, se ti non te decatas?
Velaí: no día do voso xaxún atopades o voso negocio,
e oprimides os vosos traballadores.
4Velaí: xaxuades para a querela e para a disputa,
si, para darlle pancadas ó malvado.
Non xaxuedes coma hoxe, para facer oír no ceo a vosa voz.
5É acaso coma este o xaxún que eu quero
no día en que o home aflixe a súa gorxa,
dobra a súa cabeza coma un xunco
e estende saco e cinsa para se deitar?
A isto chamas xaxún e día agradable para o Señor?
6Non é estoutro o xaxún que eu quero?
Romper as cadeas inxustas, deslear as sogas do xugo,
mandar libres os oprimidos e romper todo xugo.
7Non é acaso repartir o teu pan co famento
e acoller na túa casa os pobres sen pobo?
Cando vexas o espido, vísteo
e non te escondas da túa propia carne.
8Entón resplandecerá a túa luz coma a alba
e a carne nova da túa ferida brotará logo.
Si, a túa xustiza camiñará diante de ti
e a gloria do Señor pechará a marcha.
9Entón clamarás ó Señor e responderache,
pediraslle axuda e dirache: "Aquí estou".
Se apartas do medio de ti o xugo,
o sinalar co dedo e a palabra mala,
10se lle quitas ó famento a gana que ti sentes,
e fartar a gorxa aflixida,
entón a túa luz brillará na escuridade
e a túa tebra será coma o mediodía.
11E o Señor conducirache constantemente
e fartará a túa gorxa nas sequidades,
fortalecerá os teus ósos
e serás coma un horto ben regado.
Si, como un manancial de augas
que non deixan de manar.
12Reconstruiranse contigo as ruínas eternas,
e ti erguerás os alicerces de xeracións e xeracións,
a ti chamaráseche "Albanel de gretas",
"Restaurador das vereas da antigüidade".
13Se apartas o teu pé do sábado,
de faceres o que ti queres no meu día santo,
se lle chamas ó sábado: "Delicia";
ó día santo do Señor: "Venerable",
e se o veneras, deixando de facer as túas viaxes,
de atopar os teus negocios e de tratar os teus asuntos,
14entón atoparás o teu pracer no Señor
e eu fareite montar a cabalo das alturas da terra,
e dareiche a comer a herdanza de Xacob, teu pai.
Si, falou a boca do Señor!
Currently Selected:
Isaías 58: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

:
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT