Isaías 52
52
Anuncio da liberación
1"Esperta, esperta, revístete do teu poder, Sión!;
viste os teus vestidos de esplendor, Xerusalén, Cidade Santa!,
que non seguirán entrando en ti nin incircunciso nin impuro.
2Sacude o po, levanta, Xerusalén cativa!"
3Así fala o Señor: "fostes vendidos de balde: sen prata seredes redimidos".
4Así fala o Señor Iavé:
"nun principio o meu pobo baixou a Exipto para vivir alí coma emigrante,
e logo Asiria oprimiuno por nada.
5Pois ben! Quen son eu aquí —é o Señor quen fala— para que se me colla ó meu pobo sen máis,
e os seus dominadores berren triunfantes —é o Señor quen fala—
e se ande a desprezar decote o meu Nome?
6Por isto o meu pobo recoñecerá de certo o meu Nome naquel día, cando eu diga: Aquí estou!"
Anuncio da boa Nova: o teu Deus reina
7Que fermosos son sobre os montes
os pés do mensaxeiro de boas novas,
que anuncia a fartura,
que proclama a felicidade,
que pregoa a salvación,
que di:
Sión, o teu Deus reina!
8Un grito! Os teus vixías levantan a voz, berran xubilosos a un tempo:
"Todos os ollos contemplarán a volta do Señor a Sión".
9Berrade a coro con xúbilo, ruínas de Xerusalén,
que o Señor consolou o seu pobo, redimiu Xerusalén.
10O Señor remangou o seu brazo santo ós ollos de todos os pobos,
e todos os confíns da terra viron a salvación do noso Deus.
11Apartade, apartade, saíde de aí, non toquedes cousa impura.
Saíde do medio dela, mantédevos limpos, os que levades os vasos do Señor.
12Non saiades de présa nin marchedes á escapada,
que diante de vós camiña o Señor, e a vosa retagarda é o Deus de Israel.
Cuarto poema do Servo de Iavé
13Velaí: o Excelso, o Sublime, o Altísimo daralle éxito ó seu Servo.
14A grande multitude quedará abraiada ante el,
pois o seu aspecto non parecía o dun home,
a súa figura non parecía a dun fillo de Adam.
15Pero agora fará conmover a pobos numerosos:
por causa del os reis pecharán a súa boca,
porque contemplarán o que nunca se lles contou, e comprenderán o que nunca escoitaron.
Currently Selected:
Isaías 52: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: