YouVersion Logo
Search Icon

Isaías 50

50
Castigo e salvación
1Así fala o Señor Deus:
"Onde está esa acta de divorcio da vosa nai, a quen eu despedín?
Quen dos meus prestamistas foi aquel a quen vos vendín?
Polas vosas iniquidades fostes vendidos, polas vosas rebeldías foi despedida a vosa nai.
2Por que cando eu cheguei non había ninguén e cando chamei ninguén respondeu?
Acaso é a miña man demasiado curta para non rescatar? Acaso non hai en min forza para liberar?
Cando eu brúo, fago secar o mar, converto os ríos nun deserto,
feden os peixes por falta de auga e morren coa sede.
3Eu vestirei o ceo de escuridade, e poreille unha cuberta de saco".
Terceiro canto do Servo de Iavé: desprezado e maltratado, pero seguro da axuda do Señor
4O Señor Deus concedeume lingua de discípulo,
para saber instruír o cansado cunha palabra que o anime na mañá.
El espreguiza pola mañá o meu oído para escoitar coma discípulo.
5O Señor Iavé abriu o meu oído,
e eu non me rebelei, non me botei para atrás.
6Ofrecín o lombo ós que me azoutaban, e a miña cara ós que me arrincaban a barba.
Non escondín a miña cara dos insultos e das cuspiñadas.
7Pero o Señor axudarame,
por isto non me sinto avergonzado, e poño a miña cara coma un diamante,
pois sei que non me avergonzarei.
8O que defende a miña causa está cerca.
Quen litigará comigo, cando comparezamos ante a comunidade?
Quen traballa a miña xusta sentencia está detrás de min.
9O Señor Iavé axudarame: quen será o que me declare culpable?
Velaí: todos eles se gastarán coma un vestido, serán comidos pola traza.
10Quen de entre vós respecte o Señor, que escoite a voz do seu servo,
pois camiña na escuridade e non hai claridade para el,
pero confía no Nome do Señor e apóiase no seu Deus.
11En cambio todos vós estades prendendo o lume, rodeádelo de tizóns.
Camiñades co resplandor do voso lume e cos tizóns que prendestes.
Da miña man provén isto para vós: deitarádesvos nun lugar de sufrimentos.

Currently Selected:

Isaías 50: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in