Isaías 48
48
Anuncio profético da liberación de Xacob
1Escoitade isto, casa de Xacob,
os que se chaman co nome de Israel e saíron do sangue de Xudá,
os que fan o xuramento polo nome de Iavé
e nomean o Deus de Israel, sen verdade e sen xustiza.
2Chámanse a si mesmos co nome da cidade santa e apóianse no Deus de Israel, que ten de nome Señor Todopoderoso.
3As cousas pasadas hai tempo que volas manifestei, da miña boca saíron e fíxenas oír,
realiceinas en seguida, e aconteceron.
4Xa me decatei de que ti es obstinado, a túa testa é un nervio de ferro, a túa fronte é de bronce:
5por isto fíxencho coñecer desde antigo; antes que sucedese, fíxencho oír,
non fose que dixeses: "Fíxoo o meu ídolo, ordenárono a miña imaxe e a miña talla".
6Ti oíches: "Ollade todo isto". E como é que non o destes a coñecer?
Desde agora fareiche oír cousas novas, encubertas, que antes non coñecías.
7Agora —non antes— son creadas: antes de hoxe non as oíches; se non, dirías: "Certo que as oín".
8Non, non as oíches, non as coñeciches: nunca as escoitou o teu oído,
pois ben sei que ti es un grande traidor, a quen se chama "Rebelde desde o seo da nai".
9Por causa do meu Nome, refreei a miña ira ante ti,
contívenme por mor da miña gloria, para non te facer desaparecer.
10Velaí: refineite, pero non coma a prata; purifiqueite no forno da aflición.
11Por min, fágoo por min,
porque cómo se vai profanar a miña gloria, que a ningún outro darei?
12Escoitame, Xacob; Israel, por quen son invocado.
Eu son o Señor, eu son o Primeiro e tamén o Derradeiro.
13A miña man cimentou a terra e a miña dereita estendeu o ceo;
chámoos eu, e ámbolos dous comparecen.
14Xuntádevos todos vós e escoitade: quen entre eles fixo coñecer estas cousas?
O Señor, movido polo seu amor, fai o que quere con Babilonia,
e tamén cos caldeos, coa forza do seu brazo.
15Eu fixen vir a aquel a quen chamei e lle falei, terá éxito nos seus plans.
16Achegádevos a min e escoitade isto:
nunca desde o principio falei en secreto; e desde o tempo en que aquilo sucedeu, eu estiven alí.
Agora o Señor Iavé envioume tamén o seu Espírito.
17Así fala o Señor, o teu Redentor, o Santo de Israel:
Eu son o Señor, o teu Deus, o que te ensina para que saques proveito,
quen te fai camiñar polo camiño por onde debes ir.
18Oxalá tiveses feito caso dos meus preceptos:
entón a túa prosperidade sería coma un río, e o teu triunfo coma as ondas do mar,
19A túa descendencia sería coma a area, e o froito das túas entrañas como os grans da area.
Non se acabaría nin desaparecería o teu nome da miña presenza.
20Saíde de Babilonia, fuxide de onda os caldeos,
con berros de xúbilo manifestade isto, facédeo oír,
levádeo ata o cabo da terra,
dicide: o Señor redime ó seu servo, Xacob,
21e os que marchen polos sequeiros non terán sede:
fará brotar para eles augas do penedo,
fenderá un penedo e correrán augas.
22Para os impíos —dixo o Señor— non haberá fartura.
Currently Selected:
Isaías 48: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: