Oseas 8
8
Xuízo sobre Israel e a súa política
1Fai da túa boca unha trompeta: unha aguia está sobre a casa do Señor!
Porque transgrediron a miña Alianza e reviráronse contra a miña lei.
2A min claman eles: "Deus de Israel, nós recoñecémoste!"
3Israel rexeitou ó Bo, seguiron ó inimigo.
4Eles constituíron reis, pero sen contar comigo,
constitúen xefes, pero non os recoñezo.
Da súa prata e do seu ouro fixeron ídolos,
para se aniquilaren eles mesmos.
5Certo que rexeitei o becerro de Samaría,
a miña ira arde contra eles.
Ata que día serán incapaces da pureza?
6Si, é cousa que veu de Israel:
faino un artista, por iso non é Deus;
en anacos será convertido o becerro de Samaría.
7Abofé, sementan vento e recollen tempestades.
Xuízo sobre Efraím e o seu rei Oseas
A anada non ten froito, non produce gran,
se producise algún, devoraríano estranxeiros.
8Devoran a Israel:
agora está entre os pobos coma un obxecto sen valor.
9Velaí soben a Asiria;
Efraím é un asno salvaxe: non é fecundo,
pero dánselle os amoríos.
10Si, dánselle ben os amoríos coas nacións,
pero vouno agarrar: retorcerase algún tempo
baixo o peso do rei de príncipes.
11Si, Efraím multiplicou os seus altares para arrepentirse,
pero os altares servíronlle para pecar.
12Escríbolles con abundancia as miñas leis,
e considéranas coma cousa allea.
13Ofrecen sacrificios, por amor a min e comen a súa carne,
pero o Señor non se comprace neles.
Agora El lembra as súas culpas
e castiga os seus pecados.
Si, teñen que volver a Exipto.
14Israel esqueceu o seu Creador
e construíu palacios.
Xudá multiplicou as cidades nas alturas.
Pero eu mando lume contra as súas cidades,
que devorará os seus palacios.
Currently Selected:
Oseas 8: ABGS
Highlight
Share
Compare
Copy
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT