Hebreos 2
2
Palabras de ánimo
1Por isto temos que poñer toda a atención ó que un día oímos, non sexa que andemos á deriva. 2Pois se a Lei ditada por anxos foi valedoira, de xeito que toda transgresión e desobediencia a ela recibiu xusto castigo, 3de que xeito nós fuxiremos do castigo, se descoidamos salvación de tanta valía? Porque esta salvación tivo principio na predicación do Señor e confirmáronnola despois os que a escoitaron, 4ó mesmo tempo que Deus acompañaba o seu testemuño con prodixiosos sinais e con milagres de varios xeitos e cos dons do Espírito Santo repartidos conforme a súa vontade.
Irmán dos homes
5Porque non someteu ós anxos ese futuro mundo celeste do que falamos. 6Nalgunha parte o testemuña alguén, cando di:
"Quen é o home para que te lembres del,
ou a raza humana para que mires por ela?
7Só o rebaixaches un chisco con respecto ós anxos,
coroáchelo de gloria e dignidade:
8todo llo sometiches a el".
O dicir que lle someteu todo, non puido deixar nada sen lle someter. Certo que agora aínda non vemos que todo estea sometido ó home; 9con todo, xa vemos que aquel que "rebaixaron só un chisco con respecto ós anxos", Xesús, por aguantar os padecementos da súa morte, está coroado de gloria e dignidade. Deste xeito, a súa morte foi unha bendición de Deus para todo home.
10Efectivamente, conviña que Aquel para quen e por quen todo existe, se quería levar moitos fillos á gloria, levase á máxima perfección por medio do sufrimento o que ía ir á cabeza dos que se salvarían; 11pois o consagrante e os consagrados teñen que ser todos da mesma liñaxe. Por isto non se avergonza de lles chamar irmáns, 12cando di:
"Pregoarei ante os meus irmáns o ben que fixeches,
no medio da nosa asemblea heiche de cantar cántigas".
13E noutro sitio di:
"Nel poñerei toda a miña confianza",
e aínda máis:
"Aquí estamos: eu e mais os fillos que Deus me deu".
14Por isto, xa que os fillos participan todos da mesma carne e do mesmo sangue, tamén El participou igualmente da carne e do sangue, para que coa súa morte puidese deixar sen forzas o que retiña o poder da morte, isto é, Satán; 15e deste xeito, librar a cantos por medo á morte pasaban a vida nunha escravitude.
16Porque está claro que a quen lles vén botar unha man, non é ós anxos, senón ós fillos de Abraham. 17Por iso tiña que asemellarse ós seus irmáns en todo, para deste xeito poder ser Sumo Sacerdote, que se doia de nós e de quen un se poida fiar nas cousas que se refiren a Deus e así poida expiar os pecados do seu pobo; 18porque el xa pasou a proba de sufrimento, pode axudar ós que agora se atopan na proba.
Currently Selected:
Hebreos 2: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: