Hebreos 1
1
EXORDIO: A revelación por medio do Fillo de Deus
1En moitas ocasións e de moitos xeitos veulles falando Deus en tempos pasados ós nosos devanceiros por medio dos profetas. 2Agora, neste período definitivo, falounos por medio dun que lle é Fillo, a quen fixo herdeiro de todo, pois xa creara por medio del o mundo e as idades. 3El é reflexo da súa gloria e imaxe do seu ser, El sostén todas as cousas coa súa poderosa palabra e, despois de realizar a purificación dos pecados, sentouse á destra da Maxestade nas alturas, 4facéndose tanto máis poderoso cós anxos, canto que herdou un título máis valioso có deles.
TITULO MÁIS VALIOSO CO DOS ANXOS
Fillo de Deus
5Porque a cal dos anxos lle dixo algunha vez: "Ti es o meu fillo, hoxe xereite eu"; ou tamén: "Eu serei para El un pai e El será para min un Fillo?". 6E outra vez máis, cando fala de introducir o Fillo primoxénito no mundo celeste, di: "Adóreno todos os anxos de Deus". 7E, por outra parte, dos anxos di: "O que fai dos seus anxos ventos, e dos seus ministros, chispas". 8Do Fillo, en troques:
"O teu trono, meu Deus, permanece para sempre"
e tamén:
"Cetro de rectitude é o teu cetro de Rei.
9Amaches a xustiza e aborreciches a iniquidade;
por iso Deus, o teu Deus, preferiute ós teus compañeiros,
unxíndote con perfumes de festa".
10E outra vez di así:
"Ti, Señor, nos comezos cimentaches a terra,
feitura das túas mans é o ceo,
11todo iso perecerá, pero ti permaneces:
todo se volverá vello coma un vestido,
12daraslle a volta, coma se fose unha capa,
e cambiarase coma se fose un vestido.
Pero Ti es sempre o mesmo,
os teus anos non acabarán".
13E, a cal dos anxos lle dixo algunha vez:
"Senta á miña dereita,
ata que Eu faga dos teus inimigos un estrado para os teus pés"?
14Que outra cousa son todos eles, se non espíritos que están ó servizo del, para que os mande en axuda dos que han herdar a salvación?
Currently Selected:
Hebreos 1: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: