Ezequiel 34
34
Os pastores de Israel, o Pastor divino e o Pastor mesiánico
A) Xuízo divino contra os pastores
1Veume a palabra do Señor nestes termos:
2Fillo de Adam, profetiza contra os pastores de Israel,
profetiza e dilles:
Pastores, así fala o Señor Deus:
—Ai dos pastores de Israel
que se están apacentando a si mesmos!
Non é o rabaño o que teñen que apacentar os pastores?
3Comédeslle a manteiga,
vestídesvos da súa lá;
matades a res gorda,
pero o rabaño non o apacentades.
4Non fortalecestes a res débil
nin curastes a enferma,
nin vendastes a da pata partida;
nin fixestes volver a extraviada,
nin buscastes a perdida,
senón que as dominastes
e con que opresión!
5Espalláronse por falta de pastor
e convertéronse en pasto de todas as feras do monte,
e como se descarreiraron!
6Andaron perdidas as reses do meu rabaño
por todas as montañas, por todos os altos outeiros;
e por toda a superficie da terra erraron as reses do meu rabaño,
por falta de quen lles seguise as pisadas
e por falta de quen as buscase.
7Por isto, pastores, escoitade a palabra do Señor:
8—Pola miña vida! —é o meu Señor, Iavé, quen fala—
por converterse o meu rabaño en presa
e por ser o meu rabaño pasto de todas as feras do monte, por falta de pastor,
pois os meus pastores non seguiron o rastro do meu rabaño,
senón que os meus pastores se apacentaron a si mesmos,
e o meu rabaño non o apacentaron;
9por isto, pastores, escoitade a palabra do Señor:
10Así fala o meu Señor, Iavé:
—Vede, eu estou contra estes pastores:
voulles reclamar a eles as reses do meu rabaño
e retirarei o meu rabaño do seu poder,
pois estes pastores non se volverán apacentar a si mesmos;
vou salvar as miñas reses das bocas dos pastores,
e non lles servirán máis de comida.
11Pois así fala o meu Señor, Iavé:
—Velaí, eu en persoa virei
seguirlles as pisadas ás miñas reses e buscalas.
12O mesmo que mira o pastor polos años,
o día en que el se atopa diante do rabaño dispersado,
así eu vou mirar polas miñas reses,
e vounas salvar, sacándoas de todos os sitios
por onde se espallaron un día de nubes e escuridade.
13Vounas sacar de entre os pobos,
vounas reunir dos países,
e vounas facer volver á súa terra
e pastorealas nos montes de Israel,
nos vales e en todos os lugares habitables do país.
14Fareinas pastar en bos pasteiros,
e nos montes do alto Israel estarán as súas praderías,
acougarán alí en boas camposas
e pastarán en pasteiros fértiles nos montes de Israel.
15Eu mesmo apacentarei o meu rabaño,
e eu en persoa fareino acougar
—é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
16Buscarei a ovella perdida,
farei volver a extraviada,
vendarei a que ten a pata partida,
fortalecerei á feble,
pero farei que perezan a gorda e a forte.
Apacentarei o meu rabaño conforme a xustiza.
B) Xuízo divino entre as ovellas
17Oíde vós, meu rabaño! Así fala o meu Señor, Iavé:
—Vede, eu vou xulgar entre ovella e ovella,
entre carneiros e castróns.
18Aínda vos é pouco o pastardes o pasto mellor,
que, por enriba, esmagades cos vosos pés
o que vos sobra dos pastos?
Aínda vos é pouco beberdes a auga clara,
que, por enriba, cos vosos pés alodades a que vos sobra?
19E logo as ovellas do meu rabaño teñen que pacer
do estragado polos vosos pés,
e teñen que beber o alodado cos vosos pés.
20Por iso, así lles fala o meu Señor, Iavé:
—Velaí, eu mesmo en persoa vou ditar sentencia
entre as reses gordas e as reses fracas.
21Xa que empurrastes de lado no lombo,
e turrastes cos vosos cornos contra todas as débiles
ata que as fixestes espallar por fóra do pasteiro,
22por isto eu vou salvar o meu rabaño,
para que non volva servir de presa,
e vou ditar sentencia entre ovella e ovella.
23Vou suscitar á fronte deles un pastor único,
que os apacente: será o meu servo David;
el mesmo os apacentará: el en persoa será para eles o seu pastor.
24Eu, o Señor, serei para eles o seu Deus,
e o meu servo David será príncipe no medio deles
—son eu o Señor, quen o dixen—.
25Pactarei con eles unha alianza de paz,
e farei desaparecer do país os animais feroces,
para que poidan vivir con tranquilidade no deserto,
e adormecer na foresta.
26Entón farei deles
e do que hai arredor do meu monte unha bendición,
e farei baixar a chuvia no seu tempo
e serán chuvias de bendición.
27As árbores do campo darán froito
e a terra dará a súa colleita;
estarán na súa terriña con tranquilidade.
Entón recoñecerán que eu son o Señor,
cando rompa os cancís do seu xugo
e os libre do poder dos que os están escravizando.
28Nunca máis volverán servir de botín para as nacións
nin as feras do país os devorarán,
senón que vivirán na tranquilidade
sen que ninguén lles meta medo.
29Eu fareinos medrar nun plantío de sona
e xa non volverá haber no país mortos de fame
nin volverán soportar a vergonza das outras nacións.
30Entón recoñecerán que eu, o Señor, son o seu Deus,
que estou con eles, e que eles son o meu pobo, a Casa de Israel,
—é o meu Señor, Iavé, quen fala—.
31Vós seredes o meu rabaño, o rabaño dos pastos da miña terra seredes vós.
Eu serei o voso Deus é o meu Señor, Iavé, quen fala.
Currently Selected:
Ezequiel 34: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

:
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT