Ezequiel 19
19
Elexía polos reis de Xudá
1Ti entoa unha elexía polos príncipes de Israel,
2dilles:
Que leoa foi a túa nai no medio de leóns!
Tombada no medio dos leóns,
criaba a súa camada.
3Criou un dos seus cachorros,
que se volveu un leonciño,
aprendeu a esnaquizar a presa,
devorou homes.
4Souberon del as nacións:
cazárono nas súas foxas
e levárono con ganchos ó país de Exipto.
5Ela, ó ver que a súa esperanza
e a súa ilusión estaban perdidas,
colleu outro dos seus cachorros
e constituíno nun leonciño.
6El daba voltas entre os leóns,
feito un novato león;
7Aprendía a esnaquizar a presa,
devoraba homes;
abusaba das súas viúvas e desolaba as súas vilas;
o país e os seus habitantes estaban amedrentados
polo ruído dos seus ruxidos.
8Pero os países de toda a volta viñeron contra el,
desde as provincias estenderon sobre el as súas redes
e atrapárono nas súas foxas.
9Metérono con ganchos na gaiola
para o levaren xunto ó rei de Babilonia;
levárono a Babilonia, para que non se volva a oír a súa voz
nos montes de Israel.
10Túa nai era semellante a unha vide da túa caste
plantada xunto á auga:
daba froito e estaba chea de ramas
por mor da abundante auga.
11Daba bacelos de tal poder
que servían para cetros de reis;
a súa altura sobresae por entre as nubes;
é impoñente pola súa altura
e pola multitude das súas ramas.
12Foi arrincada con carraxe
e foi tirada por terra,
o vento do nacente
secou o seu froito
que se desprendeu; e secou as súas ramas poderosas
e o lume consumiunas.
13E agora está plantada no deserto,
en terra reseca e sedenta.
14Saíu lume dunha das ramas
e consumiu os bacelos e os seus froitos.
Xa non hai nela ramas poderosas,
báculos para reinar.
Esta é unha elexía, e cántase coma unha elexía.
Currently Selected:
Ezequiel 19: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT