YouVersion Logo
Search Icon

Efesios 4

4
Normas xerais
1Por tanto, eu, preso polo Señor, pídovos que camiñedes segundo a dignidade da chamada que recibistes, 2con total humildade, sinxeleza e paciencia, aturándovos uns a outros con amor, 3esforzándovos por manter a unidade do espírito no vínculo da paz. 4Hai un só corpo e un só Espírito, do mesmo xeito que se vos chamou a unha única esperanza na vosa vocación. 5Hai un só Señor, unha soa fe, un só bautismo, 6e un só Deus e Pai de todos, que está sobre todos, por todos e en todos.
7A cada un de nós déusenos a graza segundo a medida do don de Cristo. 8Por iso di a Escritura: Subiu ó alto levando cativos; concedeulles os dons ós homes. 9Ese "subiu" que quere dicir senón que tamén baixou ó fondo da terra?; 10e o que baixou foi o mesmo que subiu á cima do ceo para enchelo todo. 11E a uns fíxoos apóstolos; a outros, profetas; a outros, mensaxeiros do Evanxeo; e a outros, pastores e mestres, 12para fornecer cristiáns cara á tarefa do ministerio, para a edificación do corpo de Cristo, 13Ata que todos academos a unidade na fe e no coñecemento do Fillo de Deus, a madurez do home perfecto, o desenvolvemento propio da plenitude de Cristo. 14Así xa non seremos nenos, batidos e levados á deriva polas ondas de calquera corrente de doutrina, á mercé do engano dos homes e de argucias demagóxicas, 15senón que, sendo auténticos no amor, medraremos en todo cara a Aquel que é a cabeza, Cristo. 16Del vén que o corpo todo ben axustado e compacto por todas as xunturas que o alimentan, coa actividade propia de cada unha das partes, vaia medrando, construíndose el mesmo, no amor.
Vida pagá e vida cristiá
17Dígovos, por tanto, e recoméndovos en nome do Señor que non vivades máis coma os pagáns, coa mente baleira, 18coa intelixencia entebrecida, alleos á vida de Deus, pola ignorancia que hai neles, debido á cegueira do seu corazón. 19Os tales volvéronse insensibles, entregáronse ó vicio ata practicaren insaciablemente toda clase de inmoralidades.
20Vós, con todo, non foi así como coñecestes a Cristo. 21Supoño que vos falaron del e que vos ensinaron o que responde á verdade en Xesús; 22isto é, que vos ispades do home vello da vida anterior, que vai esmorecendo, seducido polas súas arelas; 23que cambiedes a vosa actitude mental, 24e que vistades o home novo, creado a imaxe de Deus, na xustiza e na relixiosidade auténticas.
Unha vida no amor
25Por iso rexeitade a mentira e dígalle cadaquén a verdade ó seu próximo, porque somos membros uns dos outros. 26Anoxádevos, pero non cheguedes a pecar: que o solpor non vos colla no voso incomodo, 27nin lle deades entrada ó demo.
28O que antes roubaba, que non roube máis e que se esforce en traballar honradamente coas súas mans, para poder compartir co necesitado. 29Que non saia da vosa boca unha palabra ruín: ó contrario, a palabra boa, para a edificación no momento preciso, para que faga ben ós que escoitan.
30Non aflixades ó Santo Espírito de Deus, que vos selou para o día da redención. 31Arredade de vós toda retranca, carraxe, ira, berros ou aldraxes e calquera outra maldade; 32máis ben sede bondadosos e misericordiosos uns cos outros, perdoándovos mutuamente, coma Deus vos perdoou en Cristo.

Currently Selected:

Efesios 4: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in