Qohélet (Eclesiastés) 7
7
VI. Que é o mellor?
1"Máis vale unha boa sona do que un perfume caro" e "o día da morte có dia de nacer".
2"Mellor é ir a un velorio que ir a unha casa en festa". Alí se atopa un coa fin de todo home, e a quen aínda vive dálle en que matinar.
3Mellor é sufrir que rir, pois a faciana seria faille ben á conciencia.
4"A reflexión dos sabios acouga na casa en loito; mais a arela dos parvos, onde haxa troulada".
5É preferible ter que escoitar a reprensión dun sabio que soportar os cantos dos alpabardas, 6xa que:
"Como o chispear dos toxos baixo o pote é a gargallada do necio"; e tamén iso é vaidade.
7E outra cousa sen tino: a chantaxe pode facer tolear o Sabio e o suborno corromperlle o bo xuízo.
8Mellor é o remate dun asunto có comezo; mellor é a paciencia cá fachenda.
9Non te alporices axiña, que a xenreira acouga no colo dos necios.
10Non penses: Como é que os tempos pasados eran mellores ca estes? Semellante pregunta non é de sabio.
11Tan boa é a sabedoría coma unha herdanza: unha vantaxe para os que ven o sol.
12Abofé: "Sombra da Sabedoría, sombra do diñeiro", mais cunha vantaxe: que o coñecer a Sabedoría fai vivir a quen a posúe.
13Contempla a obra de Deus: quen poderá emendar o que El torceu?
14Cando veñan ben dadas, goza! Cando veñan malas, cavila! Tanto unhas coma as outras fíxoas Deus, de sorte que o home non descubra nada do seu futuro.
VII. Nada de máis
15De todo vin na miña vida efémera: xente de ben que perece por mor da súa inocencia, e xente impía que medra pola súa maldade.
16Non sexas bo de máis nin sabio de máis! Para que arruinarte?
17Non te pases de malo nin de parvo! Para que morrer antes de tempo?
18O axeitado é que collas disto sen deixar de man aquilo, porque o que teme a Deus foxe dos dous extremos.
19"A Sabedoría dálle ó Sabio máis poder ca ós dez que gobernan na cidade".
20Abofé, non hai na terra home tan perfecto que faga sempre o ben e nunca erre.
21Non prestes atención ás paroladas que se falan nin deas oídos ó teu escravo cando renega de ti.
22De sobra sabes cantas veces falaches ti mesmo mal dos outros.
23Probeino todo de modo sistemático coidando que chegaría a Sabio, mais que lonxe ficou de min a Sabedoría!
24Todo o que acaece continúa lonxe, e profundo o que era profundo; quen o acadará?
VIII. A muller
25Volvinme con todo siso a estudar, pescudar e inquirir a que sexan a Sabedoría e a razón das cousas, e a recoñecer que a Maldade é Necidade, e a Necidade unha Tolemia.
26E isto atopei: que máis amarga cá morte é a muller, que é unha rede de cazar; as súas teimas son lazos, e os seus brazos, cadeas; quen é agradable a Deus, líbrase dela e quen é pecador, é cazado por ela.
27Velaquí o que descubrín —di Qohélet— pescudando unha cousa despois da outra para lle atopar razón; 28o que aínda estou buscando e non atopei: se entre un milleiro aínda se dá cun home, unha muller, entre todas, nin se encontra.
29Soamente, mira ti, descubrín o seguinte: Deus, de seu, fai ó home xusto; mais son eles os que se buscan moitas complicacións.
Currently Selected:
Qohélet (Eclesiastés) 7: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: