Qohélet (Eclesiastés) 6
6
V. O desexo que non se sacia
1Outro mal vin baixo o ceo que preme moito nos homes:
2Dálle Deus a un riquezas, bo vivir, boa sona; nada lle faltou ó seu apetito de canto puidese arelar; pero Deus non lle permite gozalo, senón que un alleo llo goza. Iso si que é absurdo e unha desventura grande.
3Por máis que críe cen fillos e viva unha morea de anos; por moitos que sexan os seus días, se non pode fartar a súa fame de felicidade, nin acada sepultura, coido eu que máis sorte ten un aborto, 4xa que:
"Chega en van, vaise coas tebras, e na sombra ocúltase o seu nome".
5Aínda que non ollase o sol e non coñeza nada, con todo máis repousa este có outro.
6E mesmo se un vivise dous milleiros de anos sen experimentar goce ningún, non van dar todos no mesmo lugar?
7"Todo canto o home trasfega é para a súa boca mais a súa gorxa non se dá enchida".
8Que vantaxe lle leva o sabio ó necio, ou o pobre ó que sabe arranxarse pola vida?
9"Mellor é ter algo á vista, que deixar vagar o desexo".
Pero tamén isto é un sopro e papar ventos.
10O que sucede xa estaba determinado hai tempo. O que un home é xa se sabía. Non é el quen para debatelo con quen pode máis ca el.
11O moito falar disto non fai máis que aumentar o sen sentido. De que lle serve ó home?
12Pois quen sabe o que lle cómpre ó home na súa vida cos días contados do vivir efémero que esmorece coma a sombra? E quen pode informalo do que vai acontecer despois del baixo o sol?
Currently Selected:
Qohélet (Eclesiastés) 6: ABGS
Highlight
Copy
Compare
Share
Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in
Dereitos reservados: SEPT

: