YouVersion Logo
Search Icon

Amós 3

3
1Escoitade esta palabra que Iavé pronuncia contra vós, israelitas, contra toda a caste que fixen subir do país de Exipto:
2"A vós sós elixín
de entre as familias da terra,
por iso vouvos pedir contas
de todas as vosas maldades".
3Camiñarán dous xuntos
se antes non se deron cita?
4Bramará o león no mato
se aínda non ten a presa?
Ergue a voz o leonciño desde a súa cova
se aínda non cazou?
5Cae o paxaro por terra
se non o alcanzou a trapela?
Salta a rede do chan
se non pillou nada?
6Tócase a trompeta na vila
sen que o pobo se altere?
Pasa unha desgraza na vila
sen que Iavé a cause?
7Abofé que o Señor Iavé nada fai sen descubrir o seu propósito
ós seus servos, os profetas.
8Berrou o león, quen non tremerá?
Falou o Señor Iavé, quen non profetizará?
9Pregoádeo nos pazos de Axdod e nos pazos do país de Exipto,
dicide: xuntádevos sobre os montes de Samaría
e contemplade a confusión enorme que nela impera
e os asoballados no medio dela.
10Non saben obrar rectamente
—Oráculo de Iavé—.
Atesouran violencia e rapina nos seus pazos.
11Por iso así di o Señor Iavé:
"Un inimigo vai cercar o país,
vai abater a túa fortaleza
e vai asolar os teus pazos".
12Así di Iavé:
"Como salva o pastor das fauces do león
dúas patas ou un anaco de orella,
dese xeito hanse salvar os israelitas
que moran en Samaría,
coma un pé de diván ou un cabezal de leito.
13Escoitade e sede as miñas testemuñas contra a casa de Xacob
—Oráculo do Señor Iavé, Deus dos Exércitos—.
14Pois o día no que eu faga contas con Israel polos seus delitos,
hei de pasar tamén revista ós altares de Betel,
daquela serán tronzados os cornos do altar
e caerán por terra.
15Derrubarei a residencia de inverno
xunto coa residencia de verán
hanse arruinar as casas de almafí,
afundiranse innumerables construcións" —Oráculo de Iavé—.

Currently Selected:

Amós 3: ABGS

Highlight

Share

Copy

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in