YouVersion Logo
Search Icon

Feitos 6

6
Institución dos sete diáconos
1Por aqueles días, como ía medrando o número dos discípulos, orixinouse un descontento dos helenistas contra os hebreos, porque se desatendía ás viúvas de fala grega no servizo diario. 2Entón os Doce reuniron a asemblea dos discípulos e dixeron:
Non está ben que deixemos a palabra de Deus para nos dedicarmos ó servizo das mesas. 3Polo tanto, irmáns, escollede de entre vós sete homes de bo creto, cheos de Espírito e sabedoría, e poñerémolos para este oficio. 4Nosoutros continuaremos dedicados a oración e ó servizo da palabra.
5A proposta gustou á asemblea, e elixiron a Estevo, home cheo de fe e do Espírito Santo, a Filipe e Prócoro, Nicanor, Timón, Pármenas e Nicolás, prosélito de Antioquía; 6presentáronllelos ós apóstolos, e, despois de orar, impuxéronlles as mans.
7A palabra de Deus crecía, e medraba moito o número dos discípulos en Xerusalén e unha gran cantidade de sacerdotes aceptaban a fe.
Arresto e xuízo de Estevo
8Estevo, cheo de graza e poder, realizaba grandes prodixios e sinais entre o pobo. 9Apareceron algúns da sinagoga chamada dos libertos, dos de Cirene, dos de Alexandría e dos de Cilicia e Asia, para discutiren con Estevo. 10Pero non lle daban replicado á ciencia e ó Espírito con que falaba.
11Entón subornaron uns homes, para que dixesen: "Sentímoslle blasfemar contra Moisés e contra Deus".
12Así encirraron ó pobo, ós anciáns e ós mestres da Lei; e, arremetendo contra el, levárono ó consello. 13Presentaron falsas testemuñas, que dicían: "este home non para de blasfemar contra este lugar santo e contra a Lei; 14sentímoslle dicir que ese Xesús de Nazaret destruirá este sitio e cambiará os costumes que nos transmitiu Moisés". 15Entón todos os que estaban sentados no consello, fixaron a vista nel e o seu rostro pareceulles mesmamente o dun anxo.

Currently Selected:

Feitos 6: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in