YouVersion Logo
Search Icon

2 Tesalonicenses 3

3
Consellos e avisos
1Polo demais, irmáns, rogade por nós, para que a mensaxe do Señor se difunda e se acolla con honor como pasou entre vós, 2e deste xeito nos vexamos libres da xente descamiñada e perversa: pois a fe non a teñen todos. 3Pero o Señor é fiel e afincaravos e protexeravos do Malo. 4Tocante a vós, fiámonos no Señor de que estades facendo e de que continuaredes a facer canto vos temos mandado. 5Que o Señor encamiñe os vosos corazóns ó amor de Deus e á paciente espera do Cristo.
6Irmáns: no nome do Señor Xesús Cristo, mándovos que vos arrededes de calquera irmán que leve unha vida lacazana e non conforme á ensinanza que recibistes de nós. 7Pois ben sabedes vós de que modo debedes imitarnos, xa que non nos dedicamos a andar sen xeito 8nin comemos de moca o pan de ninguén, senón que traballamos noite e día con esforzo e fatiga por non sermos unha carga para ningún de vós. 9Non porque non tivésemos dereito, senón para vos dar un exemplo que imitar, 10e porque, cando estabamos onda vós, xa vos demos esta norma: o que non queira traballar, que tampouco non coma.
11Porque chegou ós nosos oídos que algúns de vós andan descamiñados e por riba de non traballaren nada, entremétense nas cousas dos demais. 12A eses mandámoslles e aconsellámoslles no Señor Xesús Cristo que traballen con acougo e que coman o seu propio pan. 13E vós, irmáns, non cansedes de facer o ben. 14Agora, se algún non obedece a mensaxe desta carta, sinaládeo e non vos xuntedes con el, para que se avergonce. 15Non digo que o tratedes coma inimigo; senón que o corrixades coma irmán.
Despedida e firma
16Que o Señor da paz vos dea a paz decote e de todos os xeitos. Que o Señor vaia con todos vós. 17O saúdo vai da miña propia man: Paulo. É contrasinal en todas as cartas. Así escribo. 18Que a graza do noso Señor Xesús Cristo vos acompañe.

Currently Selected:

2 Tesalonicenses 3: ABGS

Highlight

Copy

Compare

Share

None

Want to have your highlights saved across all your devices? Sign up or sign in