1
Romanos 5:8
Biblia SEPT
ABGS
pero Deus demostrounos o seu amor no feito de que, sendo aínda nós pecadores, Cristo morreu por nós.
Compare
Explore Romanos 5:8
2
Romanos 5:5
E a esperanza non falla, porque o amor de Deus vértese nos nosos corazóns mediante o Espírito Santo, que se nos deu.
Explore Romanos 5:5
3
Romanos 5:3-4
E non só isto, senón que estamos orgullosos nas tribulacións, sabendo que a tribulación xera a paciencia, A paciencia proba a fidelidade e a fidelidade produce a esperanza.
Explore Romanos 5:3-4
4
Romanos 5:1-2
Xustificados, logo, pola fe, estamos en paz con Deus, por medio do noso Señor Xesús Cristo. Por El temos tamén entrada a esta graza na que nos mantemos; e estamos orgullosos coa esperanza de lograr a gloria de Deus.
Explore Romanos 5:1-2
5
Romanos 5:6
De certo, xusto cando nós aínda estabamos sen forzas, no tempo preciso, Cristo morreu polos impíos.
Explore Romanos 5:6
6
Romanos 5:9
Con máis razón logo, agora que xa estamos xustificados polo seu sangue, seremos por El salvos da ira.
Explore Romanos 5:9
7
Romanos 5:19
Como a desobediencia dun único home volveu pecadores a todos os homes, así tamén a obediencia dun só volveu xustos a todos.
Explore Romanos 5:19
8
Romanos 5:11
Aínda máis: mesmo orgullosos estamos en Deus por medio do noso Señor Xesús Cristo, por quen agora recibimos a reconciliación.
Explore Romanos 5:11