1
Romanos 2:3-4
Biblia SEPT
ABGS
Seica pensas, home, que por xulgares os que fan esas cousas (facendo como fas ti o mesmo) xa vas escapar por iso ó xuízo de Deus? Ou é que abusas da súa inesgotable bondade, do seu aguante e da súa paciencia, e non te decatas de que esa benignidade de Deus está tratando de te encamiñar cara á conversión?
Compare
Explore Romanos 2:3-4
2
Romanos 2:1
Por iso, non tes escusa ti, home, quenquera que sexas, cando xulgas; pois ó dares sentencia contra outros, estaste condenando a ti mesmo, xa que fas aquilo mesmo que xulgas condenable.
Explore Romanos 2:1
3
Romanos 2:11
Pois Deus non fai acepción de persoas
Explore Romanos 2:11
4
Romanos 2:13
Pois non abonda escoitar a Lei para estar a ben con Deus, senón que cómpre practicala para recibir o seu beneplácito.
Explore Romanos 2:13
5
Romanos 2:6
Pois El daralle a cadaquén conforme ós seus feitos
Explore Romanos 2:6
6
Romanos 2:8
pero ós que só pensan no seu e non seguen a verdade, senón a inxustiza, halles dar castigo e ira.
Explore Romanos 2:8
7
Romanos 2:5
Na medida da túa dureza e do teu impenitente corazón estás amoreando ira contra ti mesmo para o día da ira e da manifestación do xusto xuízo de Deus.
Explore Romanos 2:5