1
Romanos 11:36
Biblia SEPT
ABGS
Del saíron, por El e para El existen todas as cousas. A El a gloria polos séculos. Amén.
Compare
Explore Romanos 11:36
2
Romanos 11:33
Que fondos son a riqueza, a sabedoría e o coñecemento de Deus! Que inescrutables son os seus xuízos e inexplorables os seus camiños!
Explore Romanos 11:33
3
Romanos 11:34
Pois quen coñeceu a mente do Señor? Ou quen foi o seu conselleiro?
Explore Romanos 11:34
4
Romanos 11:5-6
Da mesma maneira, tamén neste intre de agora, reservou un resto elixido por pura graza. Ora, se foi por graza, non foi polas obras; outramente a graza xa non sería graza.
Explore Romanos 11:5-6
5
Romanos 11:17-18
Esgallaron algunhas das pólas e a ti (que es unha oliveira brava) enxertáronte nelas e fixécheste participante da raíz e do zume da oliveira. Non te gabes de ser máis cás pólas. Se te pos por máis, pensa que non es ti quen leva á raíz, senón a raíz a ti.
Explore Romanos 11:17-18