1
Apocalipse 19:7
Biblia SEPT
ABGS
Alegrémonos e relouquemos e glorifiquémolo, porque chegaron as vodas do Año, e a súa esposa xa se preparou.
Compare
Explore Apocalipse 19:7
2
Apocalipse 19:16
Ten escrito no seu manto e na súa coxa un nome: "Rei de reis e Señor de señores".
Explore Apocalipse 19:16
3
Apocalipse 19:11
Despois vin o ceo aberto. E apareceu un cabalo branco; o cabaleiro que o monta chámase Fiel e Verdadeiro, xulga e loita con xustiza.
Explore Apocalipse 19:11
4
Apocalipse 19:12-13
Ten os ollos coma chamas de lume, na cabeza ten moitas diademas; e escrito un nome que ninguén coñece, fóra del mesmo. Leva posto un manto tinxido de sangue e o seu nome é "Palabra de Deus".
Explore Apocalipse 19:12-13
5
Apocalipse 19:15
Da boca sáelle unha espada ben afiada, para ferir con ela os xentís: ha de os rexer cun caxato de ferro e pisa a moxega do viño rabioso da ira de Deus, que todo o sostén.
Explore Apocalipse 19:15
6
Apocalipse 19:20
Colleron presos a besta e mais o falso profeta que estaba con ela: o que fixo os prodixios, cos que descamiñou ós que recibiron a marca da besta e adornaron a súa imaxe; botáronos vivos ós dous na lagoa de xofre ardendo.
Explore Apocalipse 19:20